Demandas

ASOCIACIÓN DE PADRES, MADRES, PROFESIONALES Y AMISTADES DE PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL, SPECIAL OLYMPICS GALICIA

Representante legal: ELADIO FERNANDEZ PEREZ
C.I.F: G15771777
Coordinador técnico: Eunice Mosquera Arnoso
PROGRAMA DE VACACIONS DE VERAN 2023
Este programa pretende ofertar alternativas de actividades para que elixan as persoas participantes interactuando con todos os axentes como a contorna, monitores e monitoras de apoio, voluntarios/as... Colaborando cos/as monitores/as de apoio e voluntariado na autodeterminación e relacións inter persoais do grupo. Prazas que se ofertan para persoas voluntarias: POSIBLES PRAZAS PARA PERSOAS VOLUNTARIAS DE APOIO A ORGANIZACIÓN: • DO 9 AO 16 DE AGOSTO - 1 PRAZA • DO 18 AO 25 DE AGOSTO - 1 PRAZA • DO 27 DE AGOSTO AO 3 DE SETEMBRO - 1 PRAZA A figura da persoa voluntaria constitúe un elemento imprescindible en calquera das actividades organizadas por Special Olympics Galicia, pero sen dúbida nas Vacacións de Verán adquire unha maior transcendencia, porque grazas á súa enerxía solidaria, fan posible a inclusión social e axudan a potenciar as capacidades das persoas. Perfil: -Maior de 18 anos. -Con carné de Conducir B. -Preferentemente Estudantes Universitarios ou de Ciclos de Formación Profesional. INFORMACIÓN PARA A PERSOA VOLUNTARIA CAMPAMENTOS DE VERÁN 2023 FUNCIÓNS DA PERSOA VOLUNTARIA: • Interactuarán conxuntamente coas persoas con discapacidade intelectual e monitores/as, facilitando a inclusión en diferentes contornas. • Apoiarán ao coordinador/a acompañando un subgrupo durante as actividades segundo as súas indicacións. • Propoñerán actividades, festas e dinamizarán o grupo de monitores/as. • Responderán as necesidades do subgrupo que acompañen na medida do posible e co apoio e asesoramento do coordinador/a. • Coñecerán e aplicarán as normas establecidas para o mellor funcionamento do programa. • Outras funcións que poidan xurdir en beneficio do lecer da persoa con discapacidade intelectual. OBXECTIVOS: • Ofertar á persoa voluntaria a posibilidade de colaborar na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual. • Conseguir unha interrelación e adaptación entre o grupo; participante, monitor/a, voluntario/a e coordinador/a. • Que a persoa voluntaria e as persoas participantes gocen do lecer en ambientes comunitarios normalizados. • Que a persoa voluntaria poida apoiar a que participen en actividades elixidas libremente polas persoas con discapacidade intelectual, axudando á súa autonomía. • Potenciar a utilización dos recursos comunitarios que contribúen á normalización e a inclusión social.