Entidade

ASOCIACIÓN PÁRKINSON GALICIA-CORUÑA

Representante legal: ANTONIO FERREIRO CAMPELO
C.I.F: G15582224
Coordinador técnico: EVA MARÍA IGLESIAS PÉREZ

CONTACTO

Dirección:
Rúa Jazmines nº10 Barrio de las Flores - 15008 A Coruña
15008 - A CORUÑA - A CORUÑA
Teléfono: 981-241100 Móvil: 618950128
Fax: 981-241100
Email: info@parkinsongaliciacoruna.org
Nº de voluntarios: 55

INFORMACIÓN

Quiénes somos:

A Asociación Parkinson Galicia-Coruña, foi constituída en 1996 por un grupo de enfermos e familiares dirixido polo Dr. Manuel Romero, médico neurólogo e enfermo.

MISIÓN:

Mellorar a calidade de vida das persoas con párkinson e parkinsonismos e das súas familias, ofrecendo unha atención integralespecializada e centrada na persoa, promovendo ademais a sensibilización, a formación e o traballo en rede.

VISIÓN:

Ser unha entidade de referencia na atención e no acompañamento ás persoas con párkinson e parkinsonismos e ás súas familias, recoñecida pola súa profesionalidade, proximidade, calidade humana e compromiso social.

Aspiramos a ampliar o noso alcance e o noso impacto social, consolidando un modelo de atención integral e centrado na persoa, e fortalecendo a coordinación con outras entidades e co sistema sociosanitario.

VALORES:

  • Humanización da atención
  • Confianza profesional e ética
  • Compromiso e responsabilidade
  • Excelencia profesional
  • Respecto pola persoa e pola súa autonomía
  • Apoio social

 

QUE FACEMOS? 

A nosa proposta inclúe rehabilitación física, estimulación da fala e a comunicación, apoio psicolóxico e asesoramento social. Cada persoa recibe o acompañamento que necesita, dentro dun enfoque profesional, próximo e adaptado ás súas circunstancias.

A quién va dirigido:

A nosa asociación está dirixida principalmente a persoas con enfermidade de Parkinson e os seus familiares e/ou coidadores.

Quién puede colaborar:

Pode colaborar con nós calquera persoa interesada en axudar a persoas afectadas pola enfermidade de Parkinson e os seus familiares e/ou coidadores. A colaboración prestada pode consistir na organización de eventos, acompañamiento puntual e actividades de ocio.

Población destinataria según segmento de edad
Adulta
Áreas de intervención
Vol. y autonomía personal
Ámbitos del voluntariado
Entidades de iniciativa social y voluntariado