ASOCIACIÓN PÁRKINSON GALICIA-CORUÑA

Representante legal: ANTONIO FERREIRO CAMPELO
C.I.F: G15582224
Coordinador técnico: EVA MARÍA IGLESIAS PÉREZ

CONTACTO

Enderezo:
Rúa Jazmines nº10 Barrio de las Flores - 15008 A Coruña
15008 - A CORUÑA - A CORUÑA
Teléfono: 981-241100 Móbil: 618950128
Fax: 981-241100
Email: info@parkinsongaliciacoruna.org
Nº de voluntarios: 50

INFORMACIÓN

Quen somos:

A Asociación Parkinson Galicia-Coruña, foi constituída en 1996 por un grupo de enfermos e familiares dirixido polo Dr. Manuel Romero, médico neurólogo e enfermo. MISIÓN, VISIÓN E VALORES CAL É A NOSA MISIÓN? Apoiar aos/ás enfermos/ás de Parkinson e aos seus familiares-coidadores/ás, para mellorar a súa calidade de vida, fundamentalmente, mediante: -Información e asesoramento -Terapias rehabilitadoras específicas e alcanzables -Sensibilización á sociedade E A NOSA VISIÓN? Queremos ser unha asociación de referencia, pola súa profesionalidade, que impulse a coordinación de todas as asociacións de Parkinson galegas, para conseguir chegar ao maior número posible de enfermos de Parkinson e poder mellorar a súa calidade de vida e a dos seus familiares/coidadores/ás. CALES SON OS NOSOS VALORES? -Empatía -Sensibilidade -Cariño -Solidariedade -Igualdade -Profesionalidade -Seriedade -Calidade en servizos -Mellora continua QUE FACEMOS? SERVIZOS ACTUAIS DE REHABILITACIÓN -Fisioterapia -Logopedia -Hidroterapia -Atención Psicolóxica -Taller de Estiramentos e Relaxación -Taller de Estimulación Cognitiva -Taller de Escritura -Taller de Novas Tecnoloxías

A quen vai dirixida:

A nosa asociación está dirixida principalmente a persoas con enfermidade de Parkinson e os seus familiares e/ou coidadores.

Quen pode colaborar:

Pode colaborar con nós calquera persoa interesada en axudar a persoas afectadas pola enfermidade de Parkinson e os seus familiares e/ou coidadores. A colaboración prestada pode consistir na organización de eventos, acompañamiento puntual e actividades de ocio.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Adulta
Áreas de intervención
Vol. e autonomía persoal