
FEDERACION GALEGA DE DANO CEREBRAL, FEGADACE
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Rúa Galeras, nº17, 2º andar, oficina 5
15705 - Santiago de Compostela - A CORUÑA
INFORMACIÓN
A Federación Galega de Dano Cerebral. Constitúese en maio de 2007 polas cinco asociacións existentes en Galicia. Estas son: ADACECO na Coruña, ADACE Lugo en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago. A Federación persegue a defensa dos intereses e a mellora da calidade de vida dos galegos e galegas con dano cerebral e dos seus familiares. Ademais, pretende sensibilizar á sociedade en xeral con respecto ao alcance e á dimensión do problema, implicar ás institucións e cantas iniciativas se dirixan a resolver as necesidades de rehabilitación, integración e normalización social das persoas con dano cerebral adquirido. Neste contexto, FEGADACE nace co obxectivo de coordinar os esforzos das diferentes asociacións de dano cerebral de Galicia, canalizar as demandas do colectivo e aportar solucións que contribúan a normalizar a situación destas persoas na sociedade.
A calquera persoa interesada en colaborar coas persoas con dano cerebral adquirido a través das asociacións ADACECO, na Coruña; ADACE Lugo; Alento, en Vigo; Renacer, en Ourense; ou Sarela, en Santiago de Compostela.
Calquera persoa a partir dos 18 anos. A dispoñibilidade de prazas de acción voluntaria nas entidades virá determinada pola identificación de postos previa e polo perfil requirido para cada un deles.