Entidade

DANO CEREBRAL GALICIA - FEDERACION GALEGA DE DANO CEREBRAL

Representante legal: Luciano Fernández Pintor
C.I.F: G70191051
Coordinador técnico: Leticia Vila Posada

CONTACTO

Enderezo:
Rúa Galeras nº 17 - 2º - oficina 5
15705 - Santiago de Compostela - A CORUÑA
Teléfono: 881 943 148 Móbil: 659 177 709
Fax:
Email: info@danocerebralgalicia.org
Nº de voluntarios: 5

INFORMACIÓN

Quen somos:

Dano Cerebral Galicia (a Federación Galega de Dano Cerebral) é a entidade que, desde 2007, defende os dereitos das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias en Galicia. Somos unha federación integrada polas cinco asociacións de dano cerebral adquirido do noso país, presentes nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo. Xuntas suman máis de 2.000 persoas socias.

Dano Cerebral Galicia está declarada Asociación de Utilidade Pública desde decembro de 2013.

A misión de Dano Cerebral Galicia, é dicir, a nosa función, é ser a entidade social que une, dinamiza e representa o movemento asociativo do dano cerebral en Galicia. Nese rol, o noso obxectivo é desenvolver a acción social, institucional e técnica precisa para acadar a autonomía e a mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral e das súas familias.

A quen vai dirixida:

A calquera persoa interesada en colaborar coas persoas con dano cerebral adquirido a través das asociacións Dano Cerebral A Coruña ADACECO; Dano Cerebral Lugo; Alento Asociación de Dano Cerebral (Vigo); DCA Ourense; ou Dano Cerebral Santiago de Compostela.

Quen pode colaborar:

Calquera persoa a partir dos 18 anos. A dispoñibilidade de prazas de acción voluntaria nas entidades virá determinada pola identificación de postos previa e polo perfil requirido para cada un deles.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Adulta
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado