
FUNDACION EOMAIA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
PIÑEIROS 17, A HERMIDA
36872 - COVELO - PONTEVEDRA
INFORMACIÓN
O que hai detrás de Eomaia pasaría por definir unha chea de circunstancias, experiencias, vivencias, coñecementos….que teñen que ver connosco, e beben nas fontes do instinto de conservación, de respecto á saúde e ao benestar propio e o de todos os seres, humanos, animais, vexetais, minerais…fundamentais para a vida en harmonía na procura da felicidade común.
Moitos bos resultados, bebés nados e mortes acompañadas con respecto e amorosidad en espazos protexidos. Intentos errados. Actividades, crecemento, acompañamento que nos mostra día a día o que necesitamos mellorar, cambiar ou desenvolver das nosas actividades e propostas. Moito amor recibido e entregado. Persoas que sumamos.
Resistencia e confianza no que facemos. A certeza da oportunidade que aproveitamos con moita dedicación.
O obxectivo social da Fundación Eomaia é a procura da calidade de vida, a igualdade de oportunidades no acceso ao benestar e á participación social, a total integración social de todos os colectivos, a conciliación familiar, o empoderamento da muller, o desenvolvemento persoal e a mellora da saúde.
Os seus valores fundamentais son: o respecto a todos os seres, o amor á vida, a sensibilidade, a colaboración, o apoio mutuo e a comunicación e entendemento entre as persoas.
Se queres colaborar connosco preme nesta ligazón.