ASOCIACIÓN CENTINELAS
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Praza de Europa 5A-1ºA. 15707. Centro comercial Área Central. As Fontiñas
15707 - Santiago de Compostela - A CORUÑA
INFORMACIÓN
A Asociación Centinelas é unha entidade apolítica, aconfesional e sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos sociais da Xunta de Galicia. A súa constitución ten lugar no ano 2013 na cidade de Santiago de Compostela como resposta a unha demanda social crecente: a de prestar un apoio integral a mulleres e familias que por diversas razóns atópanse en situación de vulnerabilidade social e en grave risco de exclusión. Na actualidade presta atención a máis dun centear de familias residentes en Santiago e concellos limítrofes, e conta cun equipo humano cualificado para ofrecer unha atención integral que inclúe apoio psicolóxico, mediación familiar e intercultural, espazos para a conciliación familiar, formación, atención socioeducativa a menores, entre outros. Ademais, Centinelas xestiona un banco de recursos e axudas de atención básica á infancia, que é posible grazas á implicación de persoas e entidades colaboradoras. Todas as actividades que se desenvolven na asociación fan que Centinelas constitúa un centro de referencia para estas familias. A proximidade no trato, a resolución dos seus problemas e a sensibilidade ás dificultades específicas das mulleres son as que fan posible esta confianza.
En Centinelas valoramos moito os coñecementos, experiencias profesionais e vitais, e a motivación que nos achega o noso persoal voluntario. O valor que engaden ao traballo que desenvolvemos permítenos mellorar na identificación de necesidades, na planificación e desenvolvemento das actividades que executamos, así como na avaliación e propostas de mellora necesarias para optimizar o noso traballo. Valoramos moito que as persoas que queiran colaborar con nós teñan ganas de aprender, aportar, educar e que se sintan sensibilizadas coa etapa vital da maternidade e da infancia.