
ASOCIACIÓN EUROEUME
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
R/ 8 DE MARZO Nº12
15320 - AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ - A CORUÑA
INFORMACIÓN
EuroEume é unha asociación sen ánimo de lucro, declarada de interese público, que ten por obxecto o desenvolvemento local.
Traballamos por un desenvolvemento sostible baseado nas potencialidades do territorio que, ademais da dimensión económica, contemple o benestar social e a conservación da natureza. Así este modelo fundaméntase no aproveitamento respectuoso dos recursos propios da comarca.
A Asociación pretende servir de núcleo de converxencia e representación de entidades e axentes interesados no desenvolvemento integral da comarca. EuroEume ten vocación de constituírse nun foro de debate onde consensuar as actuacións prioritarias para o territorio, creando espazos de encontro entre as entidades e persoas que traballan pola mellora do noso entorno.
En Euroeume pode colabora calquera persoa ou entidade interesada no desenvolvemento sostible do territorio, tanto para incorporarse nalgún dos programas de voluntariado que ten na actualidade a asociación, como para propoñer novas liñas de actividade que redunden nun beneficio social ou ambiental.