ASOCIACIÓN EUROEUME

Representante legal: JOSÉ CASTRO ROMERO
C.I.F: G15608821
Coordinador técnico: Angel Lorenzo Cea
Voluntariado para Punto Violeta - Arcoiris
Vountariado para colaborar na atención do Punto Violeta e Arcoiris que se vai instalar en Pontedeume durante a celebración das Festas das Peras. O punto pretende ser un espazo seguro para mulleres e persoas da comunidade LGTBI+ que se podan atopar ante unha situación de acoso ou agresión durante a celebración dos concertos e das actividades das festas, e para sensibilizar e informar á poboación que se achegue polo punto. En todo momento haberá persoal especializado de Euroeume para acompañar ás persoas voluntarias. Ás persoas voluntarias inscritas nesta actividade recibirán unha pequena formación previa para coñecer os protocolos de actuación en cada un dos casos que se podan presentar.