Asociación de discapacitados Intelectuales Virgen de la O
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Praza Méndez Núñez, 1
36002 - Pontevedra - PONTEVEDRA
INFORMACIÓN
A Asociación de Discapacitados Intelectuales Virgen de la O, é unha entidade sen ánimo de lucro que figura inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións co número 1991/2335-1. Ademais figura rexistrada e recoñecida como entidade de iniciativa social no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais RUEPSS co número E-0230 e ten por finalidade a atención integral para o desenvolvemento persoal, social e laboral de persoas con discapacidade intelectual, cun apoio limitado e intermitente.
A entidade, pretende mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas con discapacidade intelectual e servir de apoio ás súas familias a través dos seus centros de servizos sociais con prazas concertadas coa administración autonómica:
-
O Centro Ocupacional “Méndez Núñez”, presta atención diúrna e ofrece servizos integrais para o desenvolvemento persoal, social e prelaboral a persoas con discapacidade intelectual.
-
A Vivenda Tutelada “Méndez Núñez”, presta atención residencial e apoio individual e social para lograr e garantir a calidade de vida das persoas usuarias.
-
O Centro Especial de Emprego sen ánimo de lucro “EmeEne” (número de rexistro 147-GZ) ofrece posibilidades de integración social e laboral para persoas con discapacidade con grao de minusvalía igual ou superior ao 33 por cento.
Os beneficiarios son persoas adultas con discapacidade intelectual con certa autonomía e con resolución de recoñecemento de situación de dependencia polo órgano competente da Xunta de Galicia.
PERFIL DO VOLUNTARIO
-
Ter máis de 18 anos.
-
Madurez e equilibrio ou estabilidade emocional segundo a idade.
-
Compromiso e motivación.
-
Formación específica sobre discapacidade intelectual ou en áreas formativas como: Traballo Social, Animación Sociocultural, Docencia, Psicoloxía, Pedagoxía, Deportes, etc.
-
Recoñecemento e respecto á diversidade.
-
Confidencialidade e discreción no uso dos datos relativos ás persoas coas que se realiza a acción voluntaria.
-
Empatía e facilidade de comunicación.
-
Capacidade para manter unha distancia emocional respecto das circunstancias das persoas ás que se dirixe a acción voluntaria.
-
Capacidade para fomentar a autonomía persoal e social.
-
Cualidades para transmitir aceptación, seguridade e afecto, a través da linguaxe verbal e non verbal.