Entidade

Asociación de discapacitados Intelectuales Virgen de la O

Representante legal: Marta Elena Tobío Dónega
C.I.F: G36150803
Coordinador técnico: Beatriz Elena Carracedo Cons

CONTACTO

Enderezo:
Praza Méndez Núñez, 1
36002 - Pontevedra - PONTEVEDRA
Teléfono: 986850251 Móbil:
Fax:
Email: admon@mendeznunez.es
Nº de voluntarios: 1

INFORMACIÓN

Quen somos:

A Asociación de Discapacitados Intelectuales Virgen de la O, é unha entidade sen ánimo de lucro que figura inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións co número 1991/2335-1. Ademais figura rexistrada e recoñecida como entidade de iniciativa social no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais RUEPSS co número E-0230 e ten por finalidade a atención integral para o desenvolvemento persoal, social e laboral de persoas con discapacidade intelectual, cun apoio limitado e intermitente.

A entidade, pretende mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas con discapacidade intelectual e servir de apoio ás súas familias a través dos seus centros de servizos sociais con prazas concertadas coa administración autonómica:

  • O Centro Ocupacional “Méndez Núñez”, presta atención diúrna e ofrece servizos integrais para o desenvolvemento persoal, social e prelaboral a persoas con discapacidade intelectual. 

  • A Vivenda Tutelada “Méndez Núñez”, presta atención residencial e apoio individual e social para lograr e garantir a calidade de vida das persoas usuarias.

  • O Centro Especial de Emprego sen ánimo de lucro “EmeEne” (número de rexistro 147-GZ) ofrece posibilidades de integración social e laboral para persoas con discapacidade con grao de minusvalía igual ou superior ao 33 por cento.

A quen vai dirixida:

Os beneficiarios son persoas adultas con discapacidade intelectual con certa autonomía e con resolución de recoñecemento de situación de dependencia polo órgano competente da Xunta de Galicia.

Quen pode colaborar:

PERFIL DO VOLUNTARIO

  • Ter máis de 18 anos.

  • Madurez e equilibrio ou estabilidade emocional segundo a idade.

  • Compromiso e motivación.

  • Formación específica sobre discapacidade intelectual ou en áreas formativas como: Traballo Social, Animación Sociocultural, Docencia, Psicoloxía, Pedagoxía, Deportes, etc.

  • Recoñecemento e respecto á diversidade.

  • Confidencialidade e discreción no uso dos datos relativos ás persoas coas que se realiza a acción voluntaria.

  • Empatía e facilidade de comunicación.

  • Capacidade para manter unha distancia emocional respecto das circunstancias das persoas ás que se dirixe a acción voluntaria.

  • Capacidade para fomentar a autonomía persoal e social.

  • Cualidades para transmitir aceptación, seguridade e afecto, a través da linguaxe verbal e non verbal.

 

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Adulta
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado