Asociación Cultural y de Ocio Asanta Teranga
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Rúa de Santa María, 17
32617 - Vilardevós - OURENSE
INFORMACIÓN
Asanta é un lugar para celebrar a interculturalidade no rural. Un proxecto que nace nunha aldea do sur de Ourense, en proceso de recuperación habitacional, da man dunha canaria, unha galega e un senegalés.
O obxectivo: que familia, amigos e visitantes poidan participar da creación artística en plena natureza, gozando da música e da gastronomía. Un espazo seguro e de fácil acceso onde poder conectar tamén co corpo e coa alma a través dos nosos tratamentos de benestar.
A Asociación Cultural Asanta nace para fomentar o encontro das persoas que naceron no rural galego coas novas familias que están chegando aos pobos.
Comunidade, arte e benestar son os piares deste proxecto no que tamén impartimos obradoiros artísticos, de movemento, ximnasia adaptada e sesions de benestar na nosa comarca.
Buscamos persoas que se sintan cómodas nun ambiente onde conviven raíces galegas con outras partes do mundo, capaces de xerar diálogo entre a veciñanza das aldeas e os novos habitantes. Persoas que non só queiran axudar, senón que queiran vivir a experiencia de transformar o rural nun espazo diverso.
Ao ser un proxecto que fomenta a creación en plena natureza, buscamos persoas con inquedanzas ou habilidades en:
-
Música e Artes Escénicas: Para dinamizar obradoiros ou eventos culturais.
-
Artesanía e Artes Plásticas: Que axuden a embelecer o espazo ou a impartir formacións.
-
Xestión Cultural: Persoas que saiban organizar eventos que unan a gastronomía e a arte.
-
Ioga, meditación ou terapias corporais.
-
Saúde holística e nutrición, especialmente enfocada á gastronomía sostible.
Ao estar nunha aldea en proceso de recuperación habitacional, tamén buscamos persoas con coñecementos de bioconstrución ou mantemento, interesadas na agroecoloxía e no coidado da contorna natural.