Entidade

Asociación Cultural y de Ocio Asanta Teranga

Representante legal: María Dosantos González
C.I.F: G21670070
Coordinador técnico: María Dosantos González

CONTACTO

Enderezo:
Rúa de Santa María, 17
32617 - Vilardevós - OURENSE
Teléfono: Móbil:
Fax:
Email: asantateranga@gmail.com
Nº de voluntarios: 3

INFORMACIÓN

Quen somos:

Asanta é un lugar para celebrar a interculturalidade no rural. Un proxecto que nace nunha aldea do sur de Ourense, en proceso de recuperación habitacional, da man dunha canaria, unha galega e un senegalés.

O obxectivo: que familia, amigos e visitantes poidan participar da creación artística en plena natureza, gozando da música e da gastronomía. Un espazo seguro e de fácil acceso onde poder conectar tamén co corpo e coa alma a través dos nosos tratamentos de benestar.

A Asociación Cultural Asanta nace para fomentar o encontro das persoas que naceron no rural galego coas novas familias que están chegando aos pobos.

Comunidade, arte e benestar son os piares deste proxecto no que tamén impartimos obradoiros artísticos, de movemento, ximnasia adaptada e sesions de benestar na nosa comarca. 

A quen vai dirixida:

Buscamos persoas que se sintan cómodas nun ambiente onde conviven raíces galegas con outras partes do mundo, capaces de xerar diálogo entre a veciñanza das aldeas e os novos habitantes. Persoas que non só queiran axudar, senón que queiran vivir a experiencia de transformar o rural nun espazo diverso.

Ao ser un proxecto que fomenta a creación en plena natureza, buscamos persoas con inquedanzas ou habilidades en:

  • Música e Artes Escénicas: Para dinamizar obradoiros ou eventos culturais.

  • Artesanía e Artes Plásticas: Que axuden a embelecer o espazo ou a impartir formacións.

  • Xestión Cultural: Persoas que saiban organizar eventos que unan a gastronomía e a arte.

  • Ioga, meditación ou terapias corporais.

  • Saúde holística e nutrición, especialmente enfocada á gastronomía sostible.

Ao estar nunha aldea en proceso de recuperación habitacional, tamén buscamos persoas con coñecementos de bioconstrución ou mantemento, interesadas na agroecoloxía e no coidado da contorna natural.

Quen pode colaborar:
Poboación destinataria segundo segmento de idade
Xuvenil
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Vol. e infancia
Vol. e cooperación
Vol. ambiental
Vol. cívico
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado
Educación e voluntariado