Entidade

Fundación Diversia

Representante legal: María Milagros Rey Pérez
C.I.F: G70382932
Coordinador técnico: Raquel Lojo Prol

CONTACTO

Dirección:
San Roque- Frións, Centro de Recursos da Barbanza, 5 - Carreira
15967 - Ribeira - A CORUÑA
Teléfono: 981875475 Móvil: 600483040
Fax:
Email: correo@fundaciondiversia.org
Nº de voluntarios: 3

INFORMACIÓN

Quiénes somos:

Diversia é unha Fundación de Interese Galego, constituída no ano 2013 coa finalidade de velar pola dignidade e polos dereitos humanos e civís das persoas con diversidade funcional dende un enfoque baseado nos dereitos humanos, a igualdade de oportunidades e a inclusión social. É unha entidade sen ánimo de lucro que presta servizos de apoio ás persoas con diversidade funcional.
No marco da súa actividade, a Fundación desenvolve actuacións orientadas ao apoio no exercicio da capacidade xurídica das persoas, de acordo co establecido na Lei 8/2021, así como programas de carácter social, educativo, comunitario e de sensibilización.


O propósito de Fundación é o de impulsar vidas independentes na comunidade.
Cada persoa é a principal protagonista da súa vida, polo que promovemos en todo momento o fomento da súa autonomía, a súa liberdade para decidir e a súa participación na comunidade.

 

A quién va dirigido:

Actualmente, a Fundación Diversia proponse avanzar cara unha rede real de apoios na comunidade para as persoas con diversidade funcional, especialmente para aquelas persoas que non contan cunha rede familiar suficiente, a teñen debilitada, ou precisan reforzos externos para desenvolver o seu proxecto de vida e tomar decisións libres cos apoios necesarios.

Quién puede colaborar:

Calquera persoa pode colaborar como voluntaria nas modalidades de actuación dispoñibles: 

- Voluntariado profesional pro-bono: Persoas profesionais do ámbito xurídico que colaborarán coa entidade ofrecendo asesoramento e apoio técnico para garantir a protección dos dereitos e intereses das persoas destinatarias da Fundación.

Voluntariado de apoio e acompañamento comunitario: Persoas que colaboran coa entidade en tarefas de apoio persoal e acompañamento orientadas a favorecer a participación social e comunitaria das persoas destinatarias da Fundación. 

Población destinataria según segmento de edad
Adulta
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Ámbitos del voluntariado
Entidades de iniciativa social y voluntariado