Fundación Diversia
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
San Roque- Frións, Centro de Recursos da Barbanza, 5 - Carreira
15967 - Ribeira - A CORUÑA
INFORMACIÓN
Diversia é unha Fundación de Interese Galego, constituída no ano 2013 coa finalidade de velar pola dignidade e polos dereitos humanos e civís das persoas con diversidade funcional dende un enfoque baseado nos dereitos humanos, a igualdade de oportunidades e a inclusión social. É unha entidade sen ánimo de lucro que presta servizos de apoio ás persoas con diversidade funcional.
No marco da súa actividade, a Fundación desenvolve actuacións orientadas ao apoio no exercicio da capacidade xurídica das persoas, de acordo co establecido na Lei 8/2021, así como programas de carácter social, educativo, comunitario e de sensibilización.
O propósito de Fundación é o de impulsar vidas independentes na comunidade.
Cada persoa é a principal protagonista da súa vida, polo que promovemos en todo momento o fomento da súa autonomía, a súa liberdade para decidir e a súa participación na comunidade.
Actualmente, a Fundación Diversia proponse avanzar cara unha rede real de apoios na comunidade para as persoas con diversidade funcional, especialmente para aquelas persoas que non contan cunha rede familiar suficiente, a teñen debilitada, ou precisan reforzos externos para desenvolver o seu proxecto de vida e tomar decisións libres cos apoios necesarios.
Calquera persoa pode colaborar como voluntaria nas modalidades de actuación dispoñibles:
- Voluntariado profesional pro-bono: Persoas profesionais do ámbito xurídico que colaborarán coa entidade ofrecendo asesoramento e apoio técnico para garantir a protección dos dereitos e intereses das persoas destinatarias da Fundación.
Voluntariado de apoio e acompañamento comunitario: Persoas que colaboran coa entidade en tarefas de apoio persoal e acompañamento orientadas a favorecer a participación social e comunitaria das persoas destinatarias da Fundación.