PROGRAMA DE VOLUNTARIADO NOS CONCELLOS CON TERRITORIO DENTRO DOS ESPAZOS PROTEXIDOS DE GALICIA PARA PALIAR AS CONSECUENCIAS DOS LUMES DO 2025

A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse no Programa de voluntariado nos concellos con territorio dentro dos espazos protexidos de Galicia para paliar as consecuencias dos lumes do 2025.

Esta iniciativa, posta en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, tenpor obxecto que o persoal voluntario colabore no desenvolvemento dunha serie de actuacións coa finalidade protexer os terrenos devastados polos lumes neste verán de 2025 naqueles concellos con territorio dentro dos espazos protexidos de Galicia, entre as que podemos destacar as seguintes intervencións:

  • Mulching, técnica que permite crear unha protección do solo empregando materiais, como a palla de cereais, e aplicala de forma manual nas áreas accesibles a pé.

  • Distribución e reparto de xeito manual de alimentos e auga para fauna.

A Xunta de Galicia cubrirá os gastos de aloxamento e manutención, estando cubertas as persoas voluntarias cun seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Os gastos de desprazamento ata o punto que se determine como "de queda" para cada quenda correrá por conta da persoa voluntaria, que terá que presentarse no devandito punto antes das 20:00 horas do primeiro día da quenda.

 PRAZO DE INSCRICIÓN.

  • Aberto o prazo de inscrición ata completar as quendas.

  • Para ampliar as posibilidades de participación das persoas interesadas, cada persoa voluntaria poderá anotarse a unha acción por cada fin de semana.

  • Se o grupo de persoas inscritas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, a selección realizarase por rigoroso orde de inscrición.

 INSCRICIÓN.

As persoas interesadas en inscribirse neste deben cubrir o formulario de inscrición premendo nesta ligazón.

Os únicos requisitos para participar neste programa autonómico son:

  • Ter cumpridos os 18 anos.

  • Residir na comunidade autónoma de Galicia.

  • Cumprimentar o formulario.

QUENDAS

Concello

Actuacións

Datas

Prazas

A Veiga

2

10, 11 e 12 de outubro

25

A Veiga

17, 18 e 19 de outubro

25

Baltar

1

10, 11 e 12 de outubro

25

Beade

1

10, 11 e 12 de outubro

25

Carballeda de Valdeorras

2

10, 11 e 12 de outubro

25

Carballeda de Valdeorras

17, 18 e 19 de outubro

25

Chandrexa de Queixa

3

10, 11 e 12 de outubro

25

Chandrexa de Queixa

17, 18 e 19 de outubro

25

Chandrexa de Queixa

24, 25 e 26 de outubro

25

Cualedro

4

10, 11 e 12 de outubro

25

Cualedro

17, 18 e 19 de outubro

25

Cualedro

24, 25 e 26 de outubro

25

Cualedro

31 de outubro, 1 e 2 de novembro

25

Larouco

1

10, 11 e 12 de outubro

25

Manzaneda

3

10, 11 e 12 de outubro

25

Manzaneda

17, 18 e 19 de outubro

25

Manzaneda

24, 25 e 26 de outubro

25

Oimbra

2

10, 11 e 12 de outubro

25

Oimbra

17, 18 e 19 de outubro

25

Rubiá

2

10, 11 e 12 de outubro

25

Rubiá

17, 18 e 19 de outubro

25

Vilamartín de Valdeorras

4

10, 11 e 12 de outubro

25

Vilamartín de Valdeorras

17, 18 e 19 de outubro

25

Vilamartín de Valdeorras

24, 25 e 26 de outubro

25

Vilamartín de Valdeorras

31 de outubro, 1 e 2 de novembro

25