A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse no Programa de voluntariado nos concellos con territorio dentro dos espazos protexidos de Galicia para paliar as consecuencias dos lumes do 2025.
Esta iniciativa, posta en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, tenpor obxecto que o persoal voluntario colabore no desenvolvemento dunha serie de actuacións coa finalidade protexer os terrenos devastados polos lumes neste verán de 2025 naqueles concellos con territorio dentro dos espazos protexidos de Galicia, entre as que podemos destacar as seguintes intervencións:
-
Mulching, técnica que permite crear unha protección do solo empregando materiais, como a palla de cereais, e aplicala de forma manual nas áreas accesibles a pé.
-
Distribución e reparto de xeito manual de alimentos e auga para fauna.
A Xunta de Galicia cubrirá os gastos de aloxamento e manutención, estando cubertas as persoas voluntarias cun seguro de accidentes e responsabilidade civil.
Os gastos de desprazamento ata o punto que se determine como "de queda" para cada quenda correrá por conta da persoa voluntaria, que terá que presentarse no devandito punto antes das 20:00 horas do primeiro día da quenda.
PRAZO DE INSCRICIÓN.
-
Aberto o prazo de inscrición ata completar as quendas.
-
Para ampliar as posibilidades de participación das persoas interesadas, cada persoa voluntaria poderá anotarse a unha acción por cada fin de semana.
-
Se o grupo de persoas inscritas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, a selección realizarase por rigoroso orde de inscrición.
INSCRICIÓN.
As persoas interesadas en inscribirse neste deben cubrir o formulario de inscrición premendo nesta ligazón.
Os únicos requisitos para participar neste programa autonómico son:
-
Ter cumpridos os 18 anos. -
Residir na comunidade autónoma de Galicia.
-
Cumprimentar o formulario.
QUENDAS
|
Concello |
Actuacións |
Datas |
Prazas |
|
A Veiga |
2 |
10, 11 e 12 de outubro |
25 |
|
A Veiga |
17, 18 e 19 de outubro |
25 |
|
|
Baltar |
1 |
10, 11 e 12 de outubro |
25 |
|
Beade |
1 |
10, 11 e 12 de outubro |
25 |
|
Carballeda de Valdeorras |
2 |
10, 11 e 12 de outubro |
25 |
|
Carballeda de Valdeorras |
17, 18 e 19 de outubro |
25 |
|
|
Chandrexa de Queixa |
3 |
10, 11 e 12 de outubro |
25 |
|
Chandrexa de Queixa |
17, 18 e 19 de outubro |
25 |
|
|
Chandrexa de Queixa |
24, 25 e 26 de outubro |
25 |
|
|
Cualedro |
4 |
10, 11 e 12 de outubro |
25 |
|
Cualedro |
17, 18 e 19 de outubro |
25 |
|
|
Cualedro |
24, 25 e 26 de outubro |
25 |
|
|
Cualedro |
31 de outubro, 1 e 2 de novembro |
25 |
|
|
Larouco |
1 |
10, 11 e 12 de outubro |
25 |
|
Manzaneda |
3 |
10, 11 e 12 de outubro |
25 |
|
Manzaneda |
17, 18 e 19 de outubro |
25 |
|
|
Manzaneda |
24, 25 e 26 de outubro |
25 |
|
|
Oimbra |
2 |
10, 11 e 12 de outubro |
25 |
|
Oimbra |
17, 18 e 19 de outubro |
25 |
|
|
Rubiá |
2 |
10, 11 e 12 de outubro |
25 |
|
Rubiá |
17, 18 e 19 de outubro |
25 |
|
|
Vilamartín de Valdeorras |
4 |
10, 11 e 12 de outubro |
25 |
|
Vilamartín de Valdeorras |
17, 18 e 19 de outubro |
25 |
|
|
Vilamartín de Valdeorras |
24, 25 e 26 de outubro |
25 |
|
|
Vilamartín de Valdeorras |
31 de outubro, 1 e 2 de novembro |
25 |
|
|
|