Escola de empoderamento

Do
ao

No marco do proxecto “Impulsando unha educación non formal transformadora camiño aos ODS”, dende a Asociación  Aventeira S Coop. Galega presentan a Escola de Empoderamento, unha formación presencial gratuíta destinada a persoas dinamizadoras infantís e xuvenís para desenvolver iniciativas de participación en distintos contextos e realidades.

Neste itinerario, composto por tres módulos independentes, aprenderemos como poñer en marcha auténtica participación con voces expertas e experiencias reais en diversos contextos, tipoloxías e territorios.

Esta formación, que inclúe manutención e pernocta e terá lugar en Narón, está especialmente dirixida a persoal técnico, profesional ou voluntario, de dinamización infantil e xuvenil entidades públicas, colectivos sociais ou outros contextos socioeducativos onde se pretenda introducir ou mellorar a participación.

O primeiro dos módulos, para o cal o prazo de inscrición remata o día 1 de marzo, contará coa colaboración de voces expertas da Universidade da Coruña, ASDE - Scouts de España e Solidariedade Internacional de Galicia, entre outros.

Datas de realización:

1º CURSO: 9 e 10 de marzo

2º CURSO: 27 e 28 de abril

3º CURSO 11 e 12 de maio

A inscrición debe realizarse unha semana antes da celebración de cada curso. A partir desta data só entrarán solicitudes en caso de haber prazas sen cubrir.