Convocatoria dos Premios Estatais o Voluntariado Social, ano 2019
Anexo II.- Modelo de Memoria de Méritos
Os voluntarios no camiño. Eu Camiño 2010
"Os Voluntarios no Camiño" é máis que un libro, é un cofre de experiencias, de emocións, contos, anécdotas e fotos recompiladas durante sete meses polos voluntarios europeos que participaron no proxecto Servicio Voluntario Europeo "EU Camiño". "Os voluntarios no Camiño" é o resultado da experiencia persoal de cada voluntario, unha experiencia que incorpora tanto o propio camiño persoal coma a mestura de anécdotas e contos escoitados e asimilados nestes meses. Este libro é tan heteroxéneo como o grupo que representa "EU Camiño". Cada capítulo está escrito por un voluntario, é un diario das súas experiencias, cada un co seu propio estilo e o seu propio punto de vista, no idioma materno, en español e en inglés. O noso obxectivo é que "Os Voluntarios no Camiño" sexa unha obra aberta a un público amplo, intentando alcanzar unha dimensión internacional. Esperamos que a lectura destes diarios consiga comunicar a intensidade das nosas experiencias e o moito que aprendemos. Desexámoslles boa lectura
MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS PARA A ORGANIZACIÓN DUN PROXECTO DE VOLUNTARIADO GRUNDTVIG
A D.X. de Mocidade e Voluntariado da Xunta de Galicia de España e a entidade Bryson Charitable Group de Belfast, Irlanda do Norte, desenvolveron o Proxecto de Voluntariado Europeo Senior "Ways of Solidarity (Camiños de Solidariedade)", co obxectivo principal de desenvolver un intercambio de aprendizaxe intercultural entre voluntarios/as sénior de España e Reino Unido. O Proxecto de Voluntariado Europeo Sénior, subvencionado polo Programa Grundtvig dentro dos Programas de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea, ten como finalidade animar os maiores de 50 anos a servir á comunidade e desenvolver o seu coñecemento dentro dun contexto intercultural, a través da realización de actividades voluntarias noutro país da UE. O proxecto Ways of Solidarity realizouse desde o 1 de agosto 2011 ao 31 de xullo 2013 e nel participaron 4 voluntarios galegos e 4 do Reino Unido: Alberta Lima Milla e Mª Vitoria Fernández Florez de Galicia, España, viaxaron a Belfast, Irlanda do Norte do 3 ao 23 de novembro de 2011 e Magdy López Lozada e Consolación Diéguez Núñez do 26 de novembro ao 16 de decembro de 2012. As súas tarefas voluntarias consistiron en prestar apoio nos proxectos sociais que Bryson Charitable Group desenvolve para colectivos vulnerables, como “Roma children” para nenos romaneses, “Safe and Well” e Centro de Día Newington, para anciáns, “Servizo de Lavandería”, “Proxecto do Hospital a Casa”, “Alerta de vida” para persoas con discapacidade, entre outros. Philomena Rogan e Peter Mc Laughlin de Irlanda do Norte chegaron a Galicia do 29 de maio ao 26 de xuño de 2012 e Katherine Lynch e Pat Mccaffrey do 20 de setembro ao 17 de outubro. As súas tarefas voluntarias consistiron en colaborar nas actividades de información e benvida aos/as peregrinos/as nunha Oficina de información turística e un albergue de peregrinos. Ademais desenvolveron actividades interculturais con nenos e maiores, falando sobre Irlanda do Norte, a súa cultura, idioma, gastronomía, música… á vez que coñeceron distintos aspectos da cultura galega. Este Manual de Boas Prácticas para a organización dun Proxecto de Voluntariado Grundtvig, é o resultado do traballo de ambas as organizacións e pretende ser útil para calquera entidade interesada na realización dun proxecto deste tipo.
Guía de Programas de Acción Voluntaria II
Semestre II-2005 Ampliación da guía do primeiro semestre do 2005 e onde figuran só as entidades de acción voluntaria que se deron de alta dende o 21 de novembro ata o 5 de decembro de 2005.
Guía de Programas de Acción Voluntaria I
Semestre I-2005
OS BOLECHAS APRENDEN A SER PERSOAS VOLUNTARIAS
As aventuras dos bolechas están protagonizadas por seis irmans e o seu can. Estes contos para nenos forman diversas coleccións: guías, cadernos, etc., a través das cales, numerosas entidades e institucións usan esta familia para dar a coñecer as máis variadas iniciativas. Neste caso, trátase dunha guía didáctica dirixida ao público infantil co obxecto de dar a coñecer o significado do compromiso social a través da acción voluntaria. Os bolechas, presentan o labor de voluntariado desenvolvido pola súa familia: tíos, avós, país… e introdúcenos no que significa ser unha persoa voluntaria e o papel que xoga na sociedade no que respecta á protección do medio, axudas a outras persoas… , de forma altruista e en beneficio da sociedade na que nos desenvolvemos. O uso dunha linguaxe asequible e unhas atractivas ilustracións favorecen a lectura do público infantil ao que vai dirixido
DECRETO 97/2017, do 28 de setembro, polo que se regula o Observatorio Galego de Acción Voluntaria, a planificación e a formación
URL
A REPERCUSIÓN DO REXISTRO CENTRAL DE DELINCUENTES SEXUAIS NO VOLUNTARIADO
Todas as entidades de acción voluntaria que realicen programas de voluntariado dirixidos a menores deben solicitarlles ao seu persoal contratado e ás persoas voluntarias que colaboren con eles un certificado do Rexistro Central de Delicuentes Sexuais
Estratexia de acción voluntaria (2016-2018)
Estratexia de acción voluntaria (2016-2018)
Lei 45/2015, de 14 de outubro, de Voluntariado (ámbito estatal)
Boletín Oficial do Estado: jueves 15 de outubro do 2015, Núm. 247
URL