O Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia ao que se refire o artigo 32 da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de Acción Voluntaria, regúlase pola Orde do 14 de marzo de 2014. Este Rexistro configúrase como un órgano único e público que asumirá as funcións de cualificación e inscrición das entidades de acción voluntaria, o depósito das experiencias das persoas voluntarias e a certificación das accións voluntarias desenvolvidas por estas.

O Rexistro estará adscrito á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que é o órgano que ten as competencias en materia de acción voluntaria. O Rexistro funcionará de xeito coordinado co Rexistro de Entidades de Voluntariado de Protección Civil e Emerxencias previsto no artigo 48 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia.

 

O Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia estrutúrase en dúas seccións:

  • SECCIÓN I: Entidades de acción voluntaria.
  • SECCIÓN II: Experiencias das persoas voluntarias.

 

A inscrición neste Rexistro, así como o depósito de experiencias das persoas voluntarias é voluntaria e declarativa. Non obstante, no caso de entidades de acción voluntaria, a inscrición será condición indispensable para acceder ás axudas e subvencións, así como para subscribir convenios coas administracións públicas de Galicia en materia de voluntariado.

 

Finalmente cabe resaltar que a sección de entidades de acción voluntaria organizarase en tres categorías xerais de entidades de voluntariado:

  1. Entidades dependentes da Administración autonómica.
  2. Entidades locais.
  3. Entidades privadas sen ánimo de lucro.
Inscrición de entidades de acción voluntaria
Inscrición de entidades de acción voluntaria

A presente normativa entrou en vigor o 1 de abril de 2014.

Normas e requisitos de inscrición das entidades no Rexistro de Acción Voluntaria.

Inclúe anexo I para cubrir, acceso ao impreso de pago para cubrir e a un documento cos códigos e conceptos para cubrilo.

Depósito de experiencias das persoas voluntarias
Depósito de experiencias das persoas voluntarias

A presente normativa entrou en vigor o 1 de abril de 2014.

Normas e requisitos do depósito das experiencias voluntarias no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Inclúe anexos II e III para cubir.

Solicitude de certificado de experiencias voluntarias
Solicitude de certificado de experiencias voluntarias

A presente normativa entrou en vigor o 1 de abril de 2014

Como solicitar un certificado de experiencia voluntaria ao Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Este apartado inclúe o acceso ao impreso de pago para cubrir, un documento cos códigos e conceptos para cubrilo e o modelo de solicitude de emisión de certificado de experiencias voluntarias (que aparece como exemplo de instancia a presentar no apartado DESCARGAS)

Modelos de documentos
Modelos de documentos

Procedemento a seguir polas entidades de voluntariado para dar de alta as persoas voluntarias nos seus programas ao abeiro da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria de Galicia. Inclúe modelos tipo de documentos.