Xuntos e voluntarios no Nadal
XUNTOS E VOLUNTARIOS NO NADAL 2023

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colabora, novamente coa Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.
O obxectivo deste programa é que as persoas maiores que vivan soas poidan pasar acompañadas as festas do Nadal.
A convocatoria de 2023 conta con 270 prazas repartidas entre as dúas residencias de tempo libre coas que conta a Consellería de Política Social e Xuventude 
1. A residencia de Panxón, situada no concello de Nigrán, na provincia de Pontevedra, con 140 prazas para as persoas solicitantes de A Coruña e Ourense.
2. A residencia do Carballiño, situada na provincia de Ourense, con 130 prazas para as persoas solicitantes de Pontevedra e Lugo.

VAI 2023
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL INTERXERACIONAL 2023

A Consellería de Política Social e Xuventude, xunto coa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, convocan, un ano máis, o programa de voluntariado ambiental interxeracional 2023 en 18 espazos naturais de Galicia. Nesta iniciativa, na que se realizan actividades que impulsan o respecto e o coidado do patrimonio natural galego, ofrécense 434 prazas, 164 máis que en 2022, e a participación é totalmente gratuíta.

VOLUNTARIOS UNIVERSIDADES
RECOÑECEMENTO ACADÉMICO DAS EXPERIENCIAS VOLUNTARIAS NAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS

En virtude do convenio de colaboración asinado coas tres universidades galegas (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo) os programas de voluntariado promovidos pola Consellería de Política Social e Xuventude terán recoñecemento académico mediante o sistema de créditos establecido no Real Decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial. O obxectivo é seguir enriquecendo o currículo académico do alumnado a través da formación transversal que achega, neste caso a través da acción voluntaria como competencia clave para impulsar o futuro laboral da mocidade.

CAMPAÑA DE VERÁN
CAMPOS DE VOLUNTARIADO

A Xunta de Galicia oferta no verán deste 2023 un total de 730 prazas en 46 campos de voluntariado (incluíndo as cinco quendas nas Illas Cíes) que se desenvolverán por todo o territorio galego, prazas que se suman ás ofertadas en campos noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

Neste programa, que se enmarca dentro da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, poden participar as persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos.

É necesario ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.

Programa de voluntariado de Acompañamento nos Hospitais
PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO NOS HOSPITAIS E CENTROS DE SAÚDE DE GALICIA

O Programa Acompañamento nos Hospitais e Centros de Saúde, impulsado pola Consellería de Política Social e a Consellería de Sanidade é un proxecto de humanización que consiste na realización por persoas voluntarias de actividades de acompañamento, apoio e información ás persoas usuarias e visitantes que reciben asistencia sanitaria nalgún centro público do Servizo Galego de Saúde, sempre en coordinación coas diferentes xerencias das áreas sanitarias, prestarán apoio ás persoas que reciben asistencia sanitaria nalgún centro público e poderanas acompañar en actividades lúdicas, de apoio ou accesibilidade que desenvolva cada centro.

Este programa está implantado inicialmente en dúas das sete áreas sanitarias de Galicia: a de Lugo e a de Ourense, posto que xa teñen proxectos específicos para desenvolver con persoas voluntarias.

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO PARA PERSOAS CON ALZHEIMER
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO PARA PERSOAS CON ALZHEIMER

No Ano Gallego do Alzhéimer, a Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade puxeron en marcha esta iniciativa co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas que padecen a enfermidade de Alzhéimer e das súas familias e coidadores. 

banner
PASAPORTE SOLIDARIO

No curso 2019-2020, unificamos, dentro do Plan Proxecta, todas as accións vinculadas ao ámbito da acción voluntaria que temos desde a Consellería de Política Social baixo a denominación Voluntariado Educativo. Con esta medida buscamos concentrar e favorecer a creación dun itinerario formativo completo neste ámbito, coa finalidade de promover os valores da solidariedade, a participación e o voluntariado, favorecendo que o alumnado adquira un compromiso e implicación social a través dunha metodoloxía activa e participativa, coñecedora da realidade na que se integra.

PROGRAMAS VOLUNTARIADO
Queres ser unha persoa voluntaria? Explora as oportunidades que ofrece a Xunta de Galicia.

Por que ser voluntario/a?

1. Fainos sentir mellor con nós mesmos/as.

2. Alimenta a creatividade.

3. Aumenta o grao de motivación e de autoestima.

4. Acrecenta o sentimento de pertenza.

5. Aporta habilidades de traballo en equipo.

6. Mellora as nosas capacidades profesionais.

7. Dá acceso ao Certificado de Experiencias Voluntarias, cada vez máis valorado no mercado laboral.

ambiental interxeracional
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL INTERXERACIONAL 2022

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pon en marcha para 2022 a segunda edición do programa de voluntariado ambiental, de carácter interxeracional e totalmente gratuíto para as persoas voluntarias, que se desenvolverá durante as fins de semana, a partir do 29 de abril, prolongándose ata o mes de setembro. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a protección e conservación do medio ambiente, incidindo desde unha perspectiva de sensibilización e educación ambiental.

Xuntos e voluntarios no Nadal
XUNTOS E VOLUNTARIOS POLO NADAL

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colabora, coa Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.