Desde a Xunta de Galicia queremos facilitar que todas as persoas que o desexedes, con independencia da idade e do tempo do que se dispoña, poidades realizar algunha actividade de voluntariado. Para iso, ofrecemos varios programas ao longo do ano (link a Plans e Programas) e favorecemos o contacto coas entidades de acción voluntaria.

O voluntariado, tal e como se recolle na Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, ten que ser sempre unha decisión libre que toma unha persoa, executada fóra do ámbito laboral e sen contraprestación económica. Neste sentido, o voluntariado non pode substituír nunca o traballo remunerado ou a prestación de servizos profesionais retribuídos.

Así mesmo, en toda actividade de voluntariado que se realice sempre se deberá asinar un compromiso de colaboración entre o o representante legal da entidade e a persoa voluntaria. Ademais, as entidades de acción voluntaria deberán subscribir unha póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil que cubra ás persoas voluntarias durante o transcurso da actividade.

 

Pensa

Pensa

Cal é a túa motivación, as túas razóns e intereses, para optar a ser voluntario. As túas ideas e a maneira en que entendes a vida, as relacións coa sociedade, poderalas aplicar no ben común. Todos os retos que tiñas no teu interior poderás compartilos coa xente que ten as túas mesmas inquietudes e cóbado a cóbado facer un mundo cada vez máis humano e solidario.

Mira

Ao teu arredor ¿Hai necesidades no teu entorno? ¿Veste con vontade de afrontar este reto?

Onde vives sempre hai problemas e necesidades que demandan a túa solidariedade. Párate a observar, verás que nos periódicos, radio, televisión ou determinadas asociacións poderán poñerte en contacto con eses problemas-necesidades que nos afectan a todos pero aos que non lle prestamos atención.

Unha pequena axuda nalgunhas desas cousas solidarias, no que ti vexas que estás máis preparado ou que te motiva por algunha razón especial, pode converterse nun logro máis grande sumada a doutras persoas coma ti...

Mira

Valora

Valora

A túa dispoñibilidade, interese, motivacións, e pregúntate ¿Que podo facer polos demais?

O teu tempo seguramente é ouro, pero date conta que cunhas poucas horas á semana, se ese compromiso é continuo, poderás alcanzar uns obxectivos que te sorprenderán.

Cada un temos unhas calidades, non penses que non tes nada que ofrecer, todos podemos dar algo, coa simple compañía a unha persoa maior faraslle máis doado o día a día.

Toma de contacto

No teu entorno, hai entidades de acción voluntaria, infórmate e concreta o teu compromiso con elas. Concreta agora, coñece as organizacións que están preto de ti e participa. Infórmate sobre os obxectivos de cada asociación ou organización, participa, ti podes ser unha peza fundamental e co teu compromiso poderás coñecer cada día máis a fondo o que é a acción solidaria e quizais persoalmente a sentirte unha persoa útil cara aos demais

Toma de contacto

Participa

Participa

Nos esquezas que a túa participación necesítase ata o final, pois leva consigo un compromiso contigo, pero tamén cos demais.

Que non sexa só unha moda, porque ves aos teus amigos. Intenta sacar un pouco de tempo, seguro que co tempo vaiche compensar.