PROGRAMA XUVENTUDE PARA A XUVENTUDE (Helsinki España Dimensión Humana)

Do
ao

O proxecto "Xuventude para a Xuventude: Educando en Dereitos Humanos e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible" é un proxecto de educación e sensibilización en materia de dereitos humanos a través do cal as persoas xóvenes universitarias reciben formación académica sobre diversos temas de preocupación social, como por exemplo,migración e acollida, igualdade de xénero e violencia, medio ambiente e consumo responsable, e saúde mental e emocional, por citar algúns. Unha vez rematada a formación, a mocidade transmite os seus coñecementos nos centros educativos a través dunha metodoloxía participativa mediante dinámicas e xogos; traballando valores como o respecto, a igualdade e a non discriminación.

 

A formación correspondente a esta edición desenvolverase do 17 ao 21 de outubro e, a partir de entón, poderán realizarse obradoiros de sensibilización nos centros educativos. Aquí deixámosvos o enlace á nosa web onde podedess atopar máis información sobre o proxecto: https://helsinkiespana.org/proyecto-jovenes-para-jovenes/

 

A través da seguinte ligazón podedes inscribirvos na convocatoria: 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdnZIs_ATUvftHXLe1MTHELp73kNs6jw__hwvfUIQEcCGUsTQ/viewform

Xovenes para xovenes