Listado de demandas

PROGRAMA PERMANENTE DE VOLUNTARIADO INTERNACIONAL
El Programa Permanente de Voluntariado Internacional del Traviesas Hockey Club tiene como finalidad crear una red internacional de personas voluntarias que favorezca el intercambio de conocimientos, experiencias y buenas prácticas entre diferentes países, utilizando el deporte como herramienta de educación, integración social y participación ciudadana. El programa promueve la convivencia entre personas de diferentes culturas, fomentando el aprendizaje mutuo, el respeto a la diversidad, la cooperación internacional y el intercambio de experiencias en ámbitos como el deporte base, la igualdad de oportunidades, la inclusión social, el voluntariado y la participación comunitaria. Las personas voluntarias participarán en las actividades deportivas, educativas y sociales desarrolladas por el Traviesas Hockey Club, colaborando en proyectos dirigidos a niños, niñas y jóvenes, siempre bajo la coordinación de la entidad y sin sustituir en ningún caso puestos de trabajo remunerados. Además de su participación en las actividades del club, el programa busca ofrecer una auténtica experiencia de inmersión cultural, favoreciendo el conocimiento de la realidad social, cultural y deportiva de Galicia y de España, al mismo tiempo que las personas voluntarias comparten con la comunidad local la cultura, las experiencias y las buenas prácticas de sus países de origen. El programa pretende generar un aprendizaje bidireccional, donde tanto las personas voluntarias como la comunidad de acogida se enriquezcan a través del intercambio cultural, la convivencia y el desarrollo conjunto de iniciativas de interés general.
Voluntariado en programas de deporte, educación e inclusión social a través del hockey sobre patines
Traviesas Hockey Club busca personas voluntarias interesadas en colaborar en proyectos deportivos, educativos y sociales dirigidos a la infancia y la juventud. Las personas voluntarias participarán en actividades de promoción del deporte, apoyo a la organización de eventos deportivos, colaboración en programas de iniciación al hockey sobre patines, acciones de integración e igualdad, campus deportivos, jornadas de puertas abiertas y otras iniciativas desarrolladas por la entidad. El programa se desarrolla en un entorno deportivo y educativo, siempre bajo la coordinación del personal responsable del club y con la formación necesaria para el correcto desempeño de las actividades. No se requiere experiencia previa en voluntariado.
Promoción do deporte feminino e programa Elas Tamén Xogan
O Traviesas Hockey Club busca persoas voluntarias para colaborar nas actividades de promoción do deporte feminino desenvolvidas pola entidade a través do programa Elas Tamén Xogan. Este programa ten como finalidade fomentar a participación de nenas e mulleres no deporte, visibilizar referentes femininos, promover a igualdade de oportunidades e contribuír á creación de espazos deportivos inclusivos e seguros. As persoas voluntarias poderán participar na organización de eventos e torneos femininos, actividades de difusión e sensibilización, xornadas de iniciación deportiva, acompañamento de deportistas, apoio loxístico e colaboración en accións de promoción do hockey sobre patíns feminino. O programa foi recoñecido pola súa contribución social e deportiva e constitúe unha iniciativa de referencia na promoción do deporte feminino no ámbito local.
Voluntariado deportivo en hockey sobre patines – Traviesas Hockey Club
O Traviesas Hockey Club busca persoas voluntarias para colaborar nas actividades deportivas, educativas e sociais que desenvolve ao longo do ano. As persoas voluntarias poderán participar no apoio a escolas deportivas, actividades de iniciación ao hockey sobre patíns, eventos e competicións deportivas, programas de promoción do deporte feminino, campus deportivos, accións de participación comunitaria e proxectos de integración a través do deporte. O voluntariado desenvolverase en coordinación co equipo técnico e directivo da entidade, contribuíndo á formación integral da infancia e da xuventude mediante a práctica deportiva e a educación en valores.
Apoio no coidado dun horto no dispositivo que temos en Lugo de protección internacional
Interese pola agricultura, xardinería ou sustentabilidade. Capacidade para traballar en equipo e en contornas multiculturais. Compromiso, responsabilidade e respecto cara ás persoas participantes.
Apoio en clases de Ele
Estamos a buscar persoas voluntarias para colaborar de forma presencial no apoio ás clases de Español como Lingua Estranxeira (ELE) dirixidas a persoas solicitantes e beneficiarias de protección internacional. O labor do voluntariado consistirá principalmente en: Apoio na aula durante as clases de español Reforzo da expresión e comprensión oral Acompañamento lingüístico e cultural Apoio en actividades educativas e dinámicas de grupo
Campaña Mundial pola Educación 2026
As persoas voluntarias participarán no desenvolvemento de obradoiros de sensibilización en defensa do dereito humano á educación (ODS4) en centros educativos (primaria, secundaria, bacharelato) e en grupos de educación non formal (asociacións xuvenís, culturais, deportivas, etc.). Recibirán unha formación previa da CME Galicia coas unidades didácticas e instrucións para a preparación dos materiais. Despois, cada persoa voluntaria deberá contactar cun grupo (por exemplo, un centro educativo ou unha asociación) e levar a cabo os obradoiros. No caso de que a persoa voluntaria non consiga un grupo, a CME Galicia axudará a poñerse en contacto cun centro ou colectivo. O obxectivo é promover o dereito á educación e a igualdade dixital a través de dinámicas participativas, actividades creativas e o acompañamento do grupo no proceso de reflexión. Data límite inscricións: 28/02/2026 Data inicio actividade: 02/03/2026 Data fin actividade: 30/06/2026 Contacto: email: tsaenz@ayudaenaccion.org ou teléfono/whatsapp: 606 420 114
VOLUNTARIADO COMO MONITOR/A DE TEMPOS LIBRES EN SETEPORTAS-ALTAIR DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Buscamos persoas que queiran facer parte da equipa voluntaria de monitores/as de tempos libres de Seteportas-Altair de Santiago de Compostela. Requisitos: -18 anos cumpridos. -Predisposición ao trato con infancia e xuventude e ao traballo en equipo. -Persoas interesadas no seu desenvolvemento integral, na adquisición de experiencias e capacidades. -Persoas optimistas, flexíbeis e con gañas de aprender. -Boa vontade na acción e gañas de traballar polo benestar das persoas e o ben común comunitario. -Gusto polas actividades en contacto coa natureza, a aventura e a vida campista. Non é necesario contar con coñecementos específicos no ámbito. As persoas candidatas seleccionadas serán formadas pola asociación e poderán acceder á bolsa de formación, subvencionada por Altair Galiza, para obter o título de monitor/a e/ou director/a nos tempos libres. Prazas ofertadas: 4 Contacto: info@altair.gal / 633336256
Voluntariado GCU co Patrimonio en Bosques GAL
Fórmate, culturízate e realiza accións de voluntariado no programa Voluntariado GCU co Patrimonio en Bosques GAL, en torno ao patrimonio material e inmaterial do rural galego, na agroalimentación, no medioambiente e no turismo, para acadar obxectivos de transición ecolóxica, cohesión territorial e social, transformación dixital, igualdade de xénero no rural, crecemento poboacional en zonas deprimidas, interacción coa sociedade rural atlántica e turismo respectuoso e sustentable. Únete ao GCU e ás entidades colaboradoras Asociación Betula, EuroEume, Grupo Naturalista Hábitat, Rural-C e o Concello de Monfero, ao abeiro da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, para o ano 2025. Ver convocatoria completa (bases), e enlace e modelos de presentación de solicitudes en https://web.gcompostela.org/es/voluntariado-gcu-co-patrimonio-en-bosquesgal/
PERSOA VOLUNTARIA PARA ATENCIÓN A MENOR - ARZÚA
PRECÍSASE PERSOA VOLUNTARIA PARA A ATENCIÓN DUN MENOR DE 11 ANOS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS. O HORARIO SERÍA OS MÉRCORES E VENRES, DE 09:30H A 13:30H, DURANTE OS MESES DE VERÁN. A ACCIÓN VOLUNTARIA DESENVOLVERÍASE NA LOCALIDADE DE ARZÚA.