Estimadas/os compañeiras/os:
No BOE publicouse a convocatoria 2023 de Premios Estatais ao Voluntariado
Bases Reguladoras:  Orde DSA/857/2022, do 26 de agosto
 
Convocatoria 2023: Resolución do 16 de maio de 2023
 
Prazo de solicitude: 26 de setembro ao 24 de outubro de 2023.
 
A solicitude en liña pode realizarse desde o punto de acceso de “Axudas, Bolsas, Subvencións e Premios” da páxina do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, onde están dispoñibles as anexos a cada unha das modalidades de premio:
Premio Estatal ao Voluntariado Individual, Premio Estatal á Entidade de Voluntariado, Premio Estatal ao Programa de Voluntariado e Premio Nacional de Investigación sobre Voluntariado.