Un ano máis, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección xeral de Xuventude, oferta un Plan de formación no ámbito da acción voluntaria, coa finalidade de ofrecer formación en liña e presencial en materia de voluntariado no último cuatrimestre deste ano.
O Plan está conformado por 11 cursos en liña e 1 mixto, cun total de 1.330 prazas.
Os cursos oriéntanse á dotación de ferramentas básicas para que, tanto o persoal técnico das entidades de acción voluntaria, como as persoas voluntarias que colaboran ou desexan colaborar con estas entidades, dispoñan dos coñecementos imprescindibles na materia para levar a cabo a súa labor de mellor xeito posible. Nesta ocasión os cursos desta área abarcan, ademáis da formación básica en materia de voluntariado e a planificación de proxectos e captación de voluntariado, diferentes temáticas coma lingua de signos, voluntariado interxeracional na área ambiental e na conservación e enriquecimento do patrimonio lingúistico e cultural galego, así como a acción voluntaria no ámbito da educación formal e do aprendizaxe-servizo.
Ademais das temáticas enumeradas ofértase un curso de Igualdade de xénero para a prevención e o afrontamento da violencia de xénero co fin de formar, en materia de igualdade, tanto a persoal técnico como á persoas voluntarias.
Poderán participar nas accións formativas convocadas, as persoas maiores de 16 anos que teñan interese en obter coñecementos especializados en materia de acción voluntaria, atendendo ás especificacións que se indican en cada un dos cursos.
As prazas para cada un dos cursos outorgaranse por rigorosa orde de inscrición, atendendo ás especificacións indicadas na ficha de cada curso. Os formularios de inscrición (un por cada curso) estarán dispoñibles no campus en liña da páxina web de Voluntariado (www.voluntariadogalego.org) desde as 10.00 horas do luns 9 de setembro. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un deles.
Para acceder á plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org, o alumnado que xa solicitara inscrición con anterioridade, deberá acceder introducindo o seu nome de persoa usuaria e contrasinal e solicitar a matrícula nos cursos que desexe.
As persoas que accedan por primeira vez e aínda non teñan conta de persoa usuaria creada na plataforma de teleformación, terán que crear a súa conta nesta antes de solicitar praza (consultar manual do alumnado colgado no campus en liña). É recomendable crear a conta antes do día de apertura de matrícula.
É importante que, á hora de realizar a inscrición nun curso, se indique se se forma parte dunha entidade de acción voluntaria. En caso de que así sexa debe incluirse o nome correspondente no apartado de observacións.
| Plan de formación anual da Dirección Xeral de Xuventude No ámbito do voluntariado 2024 | ||||||
| Título | Número de Prazas | Horas | Lugar de realización | Modalidade | Datas de realización e horarios | PERSOAS DESTINATARIAS | 
| Aprendizaxe servizo. Metodoloxías para a mellora da acción voluntaria | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 16 setembro a 16 outubro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia | 
| Recursos para traballar o voluntariado no ámbito da educación formal | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 23 de setembro ao 23 de outubro | Preferentemente persoal dos centros docentes participantes no Plan Proxecta no ámbito do voluntariado e persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia | 
| Curso de voluntariado. Nivel básico | 200 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 30 de setembro ao 30 de outubro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia | 
| Formación en igualdade para a prevención e o afrontamento da violencia de xénero | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 7 de outubro ao 7 de novembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia | 
| Deseño, xestión, avaliación e xustificación de proxectos | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 14 de outubro ao 14 de novembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia | 
| Voluntariado ambiental interxeracional: defensa e coidado do patrimonio ambiental de Galicia | 100 | 25 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org e 5 horas presenciais | Mixto (20 horas en liña e 5 horas presenciais. Catro ubicacións da clase presencial) | Do 14 de outubro ao 14 de novembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia | 
| Calidade e boas prácticas na xestión das persoas voluntarias | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 22 de outubro ao 22 de novembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia | 
| Voluntariado interxeracional, A súa contribución á conservación e enriquecimento do patrimonio lingúistico e cultural galego | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 28 outubro a 28 novembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia | 
| Comunicación en lingua de signos española. Nivel básico A1.1 | 30 | 30 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 5 de novembro ao 10 de decembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia | 
| Cara a unha cultura da acción voluntaria | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 11 de novembro ao 11 de decembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia | 
| A mellora da convivencia e dos conflitos en contextos multiculturais a través da acción voluntaria | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 18 de novembro ao 18 de decembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia | 
| Curso de voluntariado. Nivel de especialización de carácter xenérico | 200 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 22 de novembro ao 22 de decembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia |