A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional en 22 espazos naturais da Comunidade. Esta iniciativa gratuíta ofrece un completo programa de actividades que impulsan o respecto e o coidado por un dos grandes tesouros de Galicia, o seu patrimonio natural.
Nesta quinta edición da iniciativa, posta en marcha polas Consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ampliaranse os espazos naturais incluíndo as Paisaxes Protexidas e Humedais Protexidos. Serán un total de 28 actuacións que se levarán a cabo as fins de semana desde o 23 de maio ata o 12 de outubro. A primeira cita será no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e na Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais.
Espazos naturais
Están programadas accións no Parque Nacional das Illas Atlánticas (Illa de Ons, Cíes e Cortegada); nos Parques Naturais (Baixa Limia- Serra do Xurés, Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia e Fragas do Eume); Monumentos Naturais (A Carballa da Rocha, Pena Corneira, Souto de Rozabales, Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, A Fraga de Catasós); Paisaxes Protexidas (Penedos de Pasarela e Traba, Val do río Navea) e Humedais Protexidos (Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais, Complexo intermareal Umia -O Grove (A Lanzada, punta Carreirón e Lagoa Bodeira), Ría de Ortigueira e Ladrido, Lagoa e Areal de Valdoviño e Lagoa de Cospeito.
Os escenarios serán, polo tanto, 22 espazos naturais que compoñen o rico patrimonio natural de Galicia.
As actividades das persoas voluntarias participantes centraranse na preservación, limpeza e conservación destes espazos, eliminación de lixo de praias, ríos e montes, sensibilización, coñecemento dos ecosistemas, visibilización mediática de rutas e análise de todas aquelas actuacións con posible incidencia no medio natural continental desde un punto de vista técnico, detectando os distintos efectos e/ou impactos ambientais. O programa procura fomentar a cooperación e a solidariedade desinteresada desde unha perspectiva interxeracional entre persoas maiores e novas, nun marco de convivencia e intercambio de vivencias neste específico ámbito de actuación, poñendo especial atención nas contornas rurais e as posibilidades que ofrecen desde esta perspectiva para a mellora do asentamento poboacional.
A Xunta de Galicia cubrirá os gastos de desprazamento (transporte desde Santiago de Compostela no caso dos Parques Naturais, Monumentos Naturais, Paisaxes Protexidas, Humedais Protexidos e barco no caso dos Parques Nacionais), manutención, aloxamento, seguros e actividades formativas. Cada participante deberá levar os seus útiles de aseo persoal, así coma calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.
Prazo de inscrición
O prazo de inscrición comezará o 15 de maio ata completar as quendas.
Para ampliar as posibilidades de participación das persoas interesadas, cada persoa voluntaria poderá anotarse en dúas accións como máximo.
Se o grupo de persoas inscritas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, a selección realizarase por rigoroso orde de inscrición.
As persoas interesadas en inscribirse nesta quinta edición do Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional poden facelo a través do espazo habilitado na páxina web www.voluntariadogalego.org. Os únicos requisitos para participar neste programa autonómico son: ter cumpridos os 18 anos, residir na Comunidade Autónoma de Galicia e cumprimentar o formulario que se atopa na páxina web.
|
Espazo Natural |
Prazas |
Data |
|
Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán |
15 |
do 23 ao 25 de maio |
|
Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais |
15 |
do 23 ao 25 de maio |
|
Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia lla de Ons |
10 |
do 30 de maio ao 1 de xuño |
|
Parque Natural O Invernadeiro |
15 |
do 30 de maio ao 1 de xuño |
|
Complexo intermareal Umia -O Grove ( A Lanzada, punta Carreirón e Lagoa Bodeira) |
15 |
do 06 ao 08 de xuño |
|
Parque Natural Serra da Enciña da Lastra |
15 |
do 06 ao 08 de xuño |
|
Ría de Ortigueira e Ladrido |
15 |
do 13 ao 15 de xuño |
|
Parque Natural Monte Aloia |
15 |
do 13 ao 15 de xuño |
|
Monumento Natural A Carballa da Rocha |
15 |
do 20 ao 22 de xuño |
|
Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán |
15 |
do 20 ao 22 de xuño |
|
Parque Natural Fragas do Eume |
15 |
do 27 ao 29 de xuño |
|
Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia Illas Cíes |
10 |
do 27 ao 29 de xuño |
|
Monumento Natural Souto de Rozabales |
14 |
do 04 ao 06 de xullo |
|
Monumento Natural A Fraga de Catasós |
15 |
do 04 ao 06 de xullo |
|
Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós |
15 |
do 11 ao 13 de xullo |
|
Monumento Natural Pena Corneira |
15 |
do 11 ao 13 de xullo |
|
Val do río Navea |
15 |
do 01 ao 03 de agosto |
|
Parque Natural Fragas do Eume |
15 |
do 05 ao 07 de setembro |
|
Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia Illa de Cortegada |
10 |
do 05 ao 07 de setembro |
|
Parque Natural Serra da Enciña da Lastra |
15 |
do 12 ao 14 de setembro |
|
Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia Illas Cíes |
10 |
do 12 ao 14 de setembro |
|
Parque Natural Monte Aloia |
15 |
do 19 ao 21 de setembro |
|
Lagoa e Areal de Valdoviño |
15 |
do 19 ao 21 de setembro |
|
Penedos de Pasarela e Traba |
15 |
do 26 ao 28 de setembro |
|
Parque Natural O Invernadeiro |
15 |
do 26 ao 28 de setembro |
|
Lagoa de Cospeito |
15 |
do 03 ao 05 outubro |
|
Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés |
15 |
do 03 ao 05 outubro |
|
Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés |
15 |
do 10 ao 12 de outubro |