Actividade
CONVOCATORIA DE VOLUNTARIADO:
ASPERGA (ASOCIACIÓN GALEGA DE ASPERGER) busca para os centros de Santiago de Compostela e A Coruña, varias persoas voluntarias para colaborar nos Campamentos de Verán URBANcamp que organizará no mes de xullo en A Coruña e en Santiago de Compostela:
- ASPERGA SANTIAGO DE COMPOSTELA (Avda. de Castelao, N.º48 Baixo): no mes de xullo de Lunes a Venres. 10h a 14h (grupos de 6 a 13 anos)
- ASPERGA A CORUÑA (Avda. de Oza, N.º 240, 1º A-B): no mes de xullo de Luns a Venres. 10h a 14h. (grupos de 9 a 13 anos)
¿CÓMO NOS IMOS ORGANIZAR?
Desde o primeiro momento terás formación previa por parte dos e das profesionais de ASPERGA así como indicacións precisas sobre as tarefas a realizar por cada unha das persoas que formarán o equipo encargado de levar a cabo as actividades do campamento.

¿QUÉ TAREFAS DEBO REALIZAR COMO PERSOA VOLUNTARIA?
• Acompañar ao grupo de participantes ás diferentes actividades programadas.
• Animar e dinamizar as actividades para que sexan o más divertidas e enriquecedoras posible.
• Animar á participación de todas as persoas nas diferentes actividades.
• Guiar ao grupo nos diferentes desprazamentos ata as instalación previstas para as actividades.
• Favorecer a autonomía das persoas participantes, na medida do posible, en habilidades instrumentais (como por exemplo, pagar en autobuses, solicitar información...)

ESTE VOLUNTARIADO É ADECUADO PARA:
Persoas adultas, que compartan a nosa labor e obxectivos, con ganas de participar nunha experiencia de lecer inclusiva e adaptada.
Unha experiencia de voluntariado altamente recomendada e recomendable para persoas que teñan formación nos ámbitos en Pedagoxía, Psicoloxía, Educación Social, Monitor/a de Lecer e Tempo libre, Animación Sociocultural, así como doutras especialidades da Intervención Sociocomunitaria.

COMPETENCIAS E CONTIDOS QUE ADQUIRIRÁ O VOLUNTARIADO:
Iniciativa e autonomía. Capacidade de aprendizaxe. Organización e planificación . Comunicación interpersoal. Traballo en equipo. Diplomacia e “saber estar”.
O TEA: características e orientacións. Lecer inclusivo, adaptado e integración.

TIPO DE VOLUNTARIADO:
Puntual: esta oportunidade non require dun compromiso continuado. Podes realizar unha colaboración esporádica coa organización, e apuntarte nas datas que esteas dispoñible (non ten por qué ser o mes completo). Mais, se tes interese nunha colaboración más continua noutras actividades de ASPERGA ao longo do ano, estaremos encantados de contar contigo!!!!!

NÚMERO DE VACANTES:
• Santiago de Compostela: 2
• A Coruña: 4

PARA MÁIS INFORMACIÓN:
Clica: https://asperga.org/gl/boletines/asperga-boletin-13-gal/
Chama: 881 165 157
Escribe: info@asperga.org

Asociación
Data Límite Inscricións
Data Inicio Actividade
Data Fin Actividade
Tipo de voluntariado
Vol. e autonomía persoal
Data de alta
Data de baixa
Activo
Activo