Campaña Mundial pola Educación 2026

Actividade
As persoas voluntarias participarán no desenvolvemento de obradoiros de sensibilización en defensa do dereito humano á educación (ODS4) en centros educativos (primaria, secundaria, bacharelato) e en grupos de educación non formal (asociacións xuvenís, culturais, deportivas, etc.).

Recibirán unha formación previa da CME Galicia coas unidades didácticas e instrucións para a preparación dos materiais. Despois, cada persoa voluntaria deberá contactar cun grupo (por exemplo, un centro educativo ou unha asociación) e levar a cabo os obradoiros.
No caso de que a persoa voluntaria non consiga un grupo, a CME Galicia axudará a poñerse en contacto cun centro ou colectivo.

O obxectivo é promover o dereito á educación e a igualdade dixital a través de dinámicas participativas, actividades creativas e o acompañamento do grupo no proceso de reflexión.

Data límite inscricións:
28/02/2026

Data inicio actividade:
02/03/2026

Data fin actividade:
30/06/2026

Contacto: email: tsaenz@ayudaenccion.org ou teléfono/whatsapp: 606 420 114
Características/requisitos
  • Persoas maiores de 18 anos con interese no dereito á educación e nos dereitos dixitais. 

  • Compromiso mínimo de participación durante o período da actividade. 

  • Valorarase experiencia en educación, dinamización xuvenil ou voluntariado social. 

  • Valorarase formación en áreas de educación. 

Asociación
Tipo de voluntariado
Vol. e cooperación
Grupo de poboación coa que se colabora
Infantil
Activo
Activo
Destacado
Non
Mes
09
Año
2025