Actividade
O programa ten unha duración total de 10 sesións, se ven cando rematamos un tratamos de
ter datas para facer o seguinte. O persoal voluntario pode comprometerse a facer unha
edición do programa e logo indicar se quere participar na seguinte no transcurso da primeira.
Se empeza cunha actividade de cohesión grupal, despois se levan a cabo chuvias de ideas
sobre os conceptos da sesión, (por exemplo, que é a responsabilidade), reflexións e debates
dirixidos. Ao peche da sesión se fai un pequeno resumo dos conceptos traballados e rematan
dicindo unha palabra sobre como se sentiron durante a sesión. Na primeira e na derradeira
sesión se fan, ademais, entrevistas e cuestionarios individuais nos que se pregunta sobre
como se senten respecto ao delito (grao de arrepentimento, responsabilidade, quen pensan
que son as persoas afectadas, etc.). Cara a segunda metade do programa se fan algunhas
actividades encamiñadas a que os e as penados e penadas busquen formas de reparar as súas
vítimas. Na maioría dos casos escriben unha carta de perdón de forma simbólica (que non se
entrega ás vítimas) e nalgún caso levan a cabo outra actividade.

Despois da formación online será preciso dedicarlle 3 ou 4 horas para cada sesión do
programa. (3 no centro penal e 4 no centro de inserción social) e uns 20 minutos por
videochamada para organizar a sesión antes da mesma.)

O programa pode levarse a cabo nos centros penitenciarios.

Estas reunións son facilitadas por 2 voluntarios/as en cada centro, con seguimento da persoa
coordinadora da "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES).
Asociación
Data Límite Inscricións
Data Inicio Actividade
Data Fin Actividade
Tipo de voluntariado
Vol. e inclusión social
Grupo de poboación coa que se colabora
Adulta
Activo
Activo