Entidade

ACEESCA, ASOCIACIÓN DE APOYO A PERSONAS CON DIVERSIDAD INTELECTUAL

Representante legal: ESTEBAN BARCELO SOUTO
C.I.F: G36021970
Coordinador técnico: Mª ÁNGELES LEIROS VÁZQUEZ

CONTACTO

Enderezo:
RÚA TORNEIROS RIBEIRA, POL. III - 24 AB
36410 - O PORRIÑO - PONTEVEDRA
Teléfono: 986-332672 Móbil:
Fax: 986-330462
Email: aceesca@aceesca.com
Nº de voluntarios: 25

INFORMACIÓN

Quen somos:

Aceesca é unha asociación de utilidade pública sen ánimo de lucro, que contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, das súas familias e da contorna, promovendo o cumprimento dos seus dereitos e favorecendo a súa autonomía e autodeterminación.

En Aceesca, o noso Enfoque Metodolóxico está baseado no modelo descrito por  Schalock e Verdugo, en torno ás 8 dimensiones de Calidade de Vida: Benestar Emocional, Relacións Interpersoais, Benestar Material, Desenvolvemento Persoal, Benestar Físico, Autodeterminación, Inclusión Social e Dereitos.

Este Modelo sitúa á Persoa no centro da intervención, e ésta, participa activamente na planificación das actividades, servicios e no desenvolvemento do seu proxecto de vida.

A quen vai dirixida:

Aceesca ten dúas áreas principais: infancia e xuventude e adultos. No que respecta á área de educación, o equipo traballa en diferentes programas formativos para desenvolver ao máximo as potencialidades do alumnado, centrándose máis nas súas capacidades que nas posibles limitacións. No ámbito adulto, o noso compromiso é desenvolver o proxecto de vida de cada usuario/a, xa sexa no mundo laboral, no lecer ou na autonomía e na sua independencia persoal.

Quen pode colaborar:

Calquera persoa maior de 16 anos con clara vocación no traballo con persoas, tanto podes ser profesional da educación, do ámbito sociocomunitario, sanitario, ata calquer interesado/a no noso proxecto, con ganas de traballar, coñecer xente, colaborar, aportar novas ideas e descubir a capacidade onde hai discapacidade.

 Se te fas voluntario/a de Aceesca poderás colaborar, tanto de forma puntual coma periódica, en:

  • Saídas á contorna.
  • Vacacións: campamentos de verán e viaxes do IMSERSO.
  • Ocio.
  • Actividades complementarias (dando apoio en algunha das actividades que se realizan na Asociación ou propoñéndonos unha nova).
  • Acompañamento a persoas usuarias
Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Adulta
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Vol. e infancia
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado
Educación e voluntariado