FUNDACIÓN JUANSOÑADOR

Representante legal: Eloina Ingerto López
C.I.F: G24452435
Coordinador técnico: Eloína Ingerto López

CONTACTO

Enderezo:
Praza da Milagrosa, 10.
27003 - A Coruña, Ourense, Vigo e Lugo (sede central). - LUGO
Teléfono: 639 817 789 Móbil: 639 817 789
Fax: 982 203 534
Email: coordinacion.galicia@fundacionjuans.org
Nº de voluntarios: 114

INFORMACIÓN

Quen somos:
A Fundación JuanSoñador é unha iniciativa social de la Familia Salesiana del noroeste de España,que ten como finalidade principal a prevención, educación e promoción social integral das nenas, nenos, adolescentes, mozas, mozos e familias en situación de risco e/ou exclusión social. En Galicia, contamos con Programas en Lugo, Ourense, A Coruña e Vigo.

Asume como propia a proposta educativa de Don Bosco e o estilo pedagóxico do Sistema Preventivo. Todos os seus proxectos englóbanse dentro dunha presencia salesiana máis ampla, animada pola comunidade responsable da mesma.

A quen vai dirixida:
A nosa labor está dirixida a persoas menores, mozas/mozos e familias que se atopan en situación de risco e/ou exclusión social. - PROGRAMA SOCIOEDUCATIVO "NA RÚA". - PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE "ESPABILA, GOZA DO TEMPO LIBRE". Teñen como obxetivo principal lograr a igualdade de oportunidades e favorecer a inclusión social da infancia, adolescencia e mocidade en situación de vulnerabilidade. A través de servizos de atención diurna, de medio aberto, fóra do horario escolar, e cun enfoque integral na intervención. Dando apoio, estimulando e potenciando o desenvolvemento persoal e social, a adquisición de aprendizaxes básicas, e lúdicas, que compensen as desvantaxes socioeducativas e familiares. Esta dirixido a nenas, nenos, adolescentes, mozas, mozos, e as súas familias, en situación de desamparo ou risco social. Preferentemente adolescentes de 12 a 18 anos, en situación de desvantaxe educativa. Desenvólvense nas cidades de Lugo, Ourense, A Coruña e Vigo. - PROGRAMA "TERANGA" DE ATENCIÓN A PERSOAS MIGRANTES. Desenvólvese a través de tres Centros de atención a persoas migrantes en Ourense, A Coruña, Vigo, e unha vivenda de emancipación en Ourense. Está dirixido a persoas e familias migrantes en calquera situación administrativa, co fin de propiciar su inserción na sociedade receptora para unha mellora calidade de vida, dende un planteamento intercultural e de defensa dos dereitos humáns.
Quen pode colaborar:
A Fundación JuanSoñador posibilita a participación de persoas que, dende o seu desenvolvemento persoal e en solidariedade cos demais, colaboren nos obxectivos dos nosos programas co fin de crear unha sociedade máis xusta e igualitaria. Poden colaborar aquelas persoas maiores de idade, preferentemente con algunha experiencia no campo da intervención social, educativa e laboral. Con capacidade para o traballo en equipo, dispoñibilidade para aprender, formarse e madurez persoal.
Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Adulta
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e infancia
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado