AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE CARBALLO

Representante legal: JOSE LUIS BARCA AÑON
C.I.F: G15406846
Coordinador técnico: JOSE LUIS BARCA AÑON

CONTACTO

Enderezo:
AVDA. DO AMBULATORIO, S/N
15100 - CARBALLO - A CORUÑA
Teléfono: 981-704048 Móbil: 981-704048
Fax: 981-704780
Email: pcivil@carballo.gal / a.v.p.v.c.carballo@gmail.com
Nº de voluntarios: 62

INFORMACIÓN

Quen somos: A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Carballo comezouse a xestar alá polo ano 1977, como resposta a un incendio que se produciu na rúa Túnel. Pero ata o ano 1979, tras outro incendio de considerables dimensións na rúa Gran Vía, non chegou a organizarse como tal. Nun primeiro momento adoptou o nome de Bombeiros Voluntarios para, no ano 1981, ao facerse cargo do servizo de praias, pasar a tomar o nome actual. Actualmente, temos o nº 15 no rexistro de Protección Civil da Xunta de Galicia. No rexistro da Entidade de Acción Voluntaria estamos inscritos co nº L-2. Somos un grupo de 50 persoas altruístas que dedicamos o noso tempo libre, e algún non tan libre, ao servizo dos cidadáns do concello de Carballo e da bisbarra de Bergantiños. De entre as nosas funcións resaltariamos as de: Promoción da prevención e autoprotección cidadá, colaboración e actuación ante emerxencias, que pasa por ser o que máis tempo nos ocupa. Actuamos porque nos move un sentimento de solidariedade cos demais, xa que somos conscientes da imposibilidade das administracións de cubrir o crecente aumento dos riscos, tanto os naturais coma os tecnolóxicos ou os antrópicos (inducidos polo home).
A quen vai dirixida: En primeiro lugar, facemos formación; é dicir, formámonos nos distintos e variados campos nos que actuamos, perseguindo dous fins concretos: 1. Poder actuar, se fose preciso, diante dunha emerxencia con absolutas garantías de éxito, procurando minimizar o risco e, por conseguinte, que non chegue a afectarnos a nós. 2. Poder impartir os coñecementos adquiridos ao resto da poboación. Para iso, asistimos a todos cantos cursos nos é posible en calquera punto da xeografía española e organizamos, charlas no noso concello, sobre todo con grupos de risco. Así, acudimos aos colexios, fogares da terceira idade, asociacións de amas de casa, etc. Tamén repartimos a semana para estar pendentes dos acontecementos onde se producen movementos de masas (prevención). Así mesmo, estamos distribuídos en seccións e cada semana cada unha destas seccións está de garda, por si se producise algún sinistro (actuación).
Quen pode colaborar: Todas as persoas que estean animadas a axudar en distintas tarefas que temos na agrupación. Será requisito imprescindible, antes de empezar como voluntario, asistir a un curso de formación básica de voluntariado organizado pola agrupación e impartido por algunha das entidades de acción de formación, dentro da estrutura da agrupación ou fóra dela.