AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL, SAN PAIO DA ESTRADA

Representante legal: VENTURA ALEJANDRO GARCIA ROSENDE
C.I.F: G36188639
Coordinador técnico: VENTURA GARCIA ROSENDE

CONTACTO

Enderezo:
AVENIDA BENITO VIGO, Nº 92 - BAIXO
36680 - A ESTRADA - PONTEVEDRA
Teléfono: 986 573 333 Móbil: 986 573 333
Fax: 986 573 838
Email: gcr@aestrada.com
Nº de voluntarios: 148

INFORMACIÓN

Quen somos:

Esta agrupación de voluntarios nace no ano 1993 co esforzo dun grupo de xoves moi sensibilizados coa axuda ó cidadán, que dedicaban o seu tempo libre a este tipo de labores de xeito altruísta. Nos nosos comezos os servizos limitábanse fundamentalmente, ó control de masas en concentracións como festas, concertos, acontecementos deportivos, etc... Nese ano moitos estradenses se implicaron, e incluso se fixeron voluntarios xoves de concellos limítrofes. Ó ano seguinte, esta Agrupación foi dotada cun todoterreo e unha ambulancia, facendo así que as posibilidades de intervención se incrementasen podendo dispor de material para realizar outro tipo de tarefas. En 1996 aumentouse a flota cunha segunda ambulancia o que fixo que o número de servizos se disparase. No 1997 adquiriuse o equipo de excarceración e fundouse o ?Grupo de Cans de Rescate?. Máis adiante chegaría outro todoterreo, un vehículo de primeira intervención e un novo camión para a loita contra incendios urbanos. Debido a que as furgonetas teñen unha vida limitada como ambulancias, e os servizos que se realizaban con elas eran moi numerosos, a agrupación veuse obrigada a renovar unha de elas, adquirindo outra de maiores dimensións e mellor dotación material. No ano 2005 o Concello de Santiago doou unha camión autobomba nodriza de doce mil litros de capacidade que os Bombeiros de Santiago tiñan en desuso despois de renovar a súa flota. Outros vehículos como un novo todoterreo e outra ambulancia fóronse sumando ano a ano ó parque móbil, contando na actualidade cunha nutrida flota para afrontar as emerxencias diarias que ocorren tanto no noso concello como nos lindeiros, aínda que algún dos vehículos dado o seu número de anos e quilómetros realizados necesitarían unha renovación. Con todo este material e os recursos humanos dispoñibles, conséguense acadar máis de 3000 intervencións anuais, das que destacan a liberación de atrapados en accidentes de tráfico, traslados en ambulancia, incendios urbanos, control de tráfico na entrada e saída dos colexios, etc? A manipulación de todo este material é posible grazas á formación que reciben os voluntarios, nestes cursiños adquírense os coñecementos precisos para traballar con todo este tipo de material, xa que sen eles non sería posible unha óptima utilización dos recursos e medios. Podemos dicir que esta Agrupación foi crecendo ata conseguir un número destacable de actuacións, sendo contabilizadas dende a súa fundación mais de 30.000 intervencións. Converténdonos así nunha entidade de referencia na vila da Estrada, conseguindo así mesmo que os cidadáns depositen a súa confianza no traballo desempeñado día a día.

A quen vai dirixida:

Vai dirixido a tódolos cidadáns.

Quen pode colaborar:

Todo tipo de persoas.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes