Entidade

ACCIÓN FAMILIAR FERROL, AFA FERROL

Representante legal: MAR USED AZNAR
C.I.F: G15745466
Coordinador técnico: Irene Fernández Lorenzo

CONTACTO

Enderezo:
RÚA VELÁZQUEZ, Nº 44, 6ª PLANTA
15403 - FERROL - A CORUÑA
Teléfono: 981358023 Móbil:
Fax:
Email: afaferrol@accionfamiliar.org
Nº de voluntarios: 57

INFORMACIÓN

Quen somos:
  1. PRESENTACIÓN

Acción Familiar é unha entidade social sen ánimo de lucro, que presta servizos para o desenvolvemento da Familia en todo o Estado Español. A súa actividade comezou no ano 1978, se ben, a súa delegación de Ferrol inaugurouse no ano 2000.

 

Acción Familiar Ferrol é unha organización formada por un equipo de profesionais do ámbito psico-educativo e social que prestan apoio psicolóxico e educacional a través de proxectos e programas dirixidos a menores, mulleres, maiores, minorías étnicas e persoas en situación de desvantaxe social.

 

A visión de futuro, que pretende guiar o noso traballo de forma coherente, eficiente e eficaz, céntrase nos seguintes puntos:

  • Lograr a plena inclusión e integración das persoas con e para as que traballamos.
  • Implantar proxectos e programas innovadores, que fomenten a participación dos usuarios e usuarias, de maneira que sexan eles os actores e actrices activos do seu propio empoderamento.
  • Acadar un equipo de traballo estable e coordinado, cuxas intervencións respondan a protocolos estandarizados dentro da organización, que sirvan de guía para todas aquelas persoas que se incorporen aos distintos procesos.
  • Aumentar a visibilización da organización e conseguir que os nosos proxectos e programas especializados sexan un referente a nivel local e comarcal.

 

Entre os nosos valores destacan:

  • SOLIDARIEDADE: Consideramos a solidariedade como unha directriz que caracteriza o noso traballo, tanto cara ao exterior da organización, como no traballo interno. As calidades que definen o noso concepto de solidariedade como valor organizacional son as seguintes: apoio desinteresado ás persoas; xenerosidade e empatía; fomento da confianza entre as persoas; asertividade e traballo en equipo.
  • COMPETENCIA: Cremos no “bo facer” e loitamos por implantalo nas nosas actuacións, centrándonos en conseguir os resultados esperados mediante unha planificación detallada, utilizando criterios profesionais, e acompañando todo o proceso con dose de tranquilidade e confianza nas nosas capacidades.
  • INCLUSIÓN: Loitamos para alcanzar a plena aceptación social de todas as persoas en igualdade de oportunidades, dereitos e deberes.
  • COMPROMISO: Asumimos responsabilidades para conseguir os mellores resultados posibles tanto cara o interior, baseado no traballo en equipo, como cara ás persoas coas que traballamos, tratándoas con respecto e igualdade.
  • INNOVACIÓN: Cubrimos necesidades no contexto próximo que non están cubertas por outras entidades da zona, a través de programas e proxectos especializados.

Dende a súa fundación, Acción Familiar Ferrol vén ampliando tanto os campos de actuación, a través de programas e proxectos de distinta natureza como os colectivos aos que se lles presta servizo: menores, maiores, muller, familia, minorías étnicas, voluntariado, etc.

A quen vai dirixida:
  1. PROGRAMAS FORMATIVOS
    1. SERVIZO DE EDUCACIÓN FAMILIAR (nivel educativo)

Os programas formativos, ligados ao Servizo de Educación Familiar, teñen como obxectivo común potenciar o papel que desempeña a familia na construción da identidade persoal e a formación de valores. Os contidos e a metodoloxía adáptanse ás idades dos nenos e nenas. Son desenvolvidos en centros educativos, potenciando mecanismos para conseguir hábitos de vida saudables nos menores.

 

    1.  APOIO EDUCATIVO NO FOGAR INFANTIL

O seu obxectivo xeral é integrar mediante apoio psico-educativo aos nenos, nenas e adolescentes en situación de desvantaxe sociocultural, desfavorecidos/as economicamente e/ou en risco de exclusión social. Para as actividades do Apoio Educativo no Fogar Infantil contamos cunha pedagoga encargada de impartir as clases durante 6 horas semanais.

 

    1.  GRUPOS DE ESTUDO ASISTIDO – REFORZO INDIVIDUAL

Nos grupos de estudo asistido preténdese acompañar na adaptación ao ritmo e a dinámica escolar dos menores usuarios, axudándolles a desenvolver estratexias cognitivas. Realízase mediante actividades de apoio ás tarefas escolares e ao estudo con grupos pequenos de alumnado con niveis, dificultades ou características similares ou compatibles.

No reforzo individual, o obxectivo é mellorar e compensar as situacións de necesidades específicas do alumnado, traballando intensiva e especificamente sobre as demandas educativas, sociais e/ou emocionais con actividades adaptadas a cada neno/a.

 

    1. TALLERES DE CONDUTAS AFECTIVO-SEXUAIS

A partir do estudo realizado en 2021 das condutas afectivo-sexuais nos adolescentes do concello de Ferrol, realizouse unha escola de familias para pais, nais e outros familiares interesados no tema. AFA Ferrol preparou  sesións co obxectivo de formar e concienciar ás familias en cuestións de sexualidade na xuventude, baseándose nos datos obtidos do estudo e aportando información desta temática, así como propoñendo ferramentas para traballar a sexualidade dende a casa.

 

  1. ACTIVIDADES SOCIAIS
    1. SERVIZO DE EDUCACIÓN FAMILIAR (nivel asesoramento e terapéutico)

Este servizo leva en funcionamento na Asociación desde o ano 2003 e tenta axudar ás familias a resolver os conflitos que se lles presentan, prestándolles información e orientación dos diferentes recursos e asesoramento xurídico e psicolóxico de maneira gratuíta.

 

    1. PROGRAMA DE DESENV. DA COMUNIDADE XITANA DO CONCELLO DE NARÓN

Este programa iniciouse en 2016, sendo o único de toda a comarca de Ferrolterra con similares características. A realización deste está regulada por un convenio de colaboración co Concello de Narón. O obxectivo principal do programa é favorecer a integración social, laboral e educativa da poboación xitana empadroada no Concello de Narón.

 

    1. RELATOS ENTRE RETAIS

Implantado no 2018 no Concello de Narón. O obxectivo xeral deste é a construción dun espazo propio para as mulleres, onde poidan adquirir destrezas profesionais e intercambiar experiencias e expectativas cara un novo emprego. A creación deste espazo non so está pensado para a aprendizaxe de habilidades básicas de costura, senón coma un intercambio de saberes e experiencias relacionadas coa vida diaria, é dicir, do campo laboral, familiar e incluso de lecer, entre mulleres de diferentes culturas.

 

    1. ACOMPÁÑAME

É un programa de voluntariado, onde os/as principais beneficiarios/as son as persoas maiores pertencentes á Residencia Mixta de Maiores de Caranza. A finalidade deste programa é proporcionar un apoio as persoas institucionalizadas, que sofren perdas dos seus vínculos familiares, de amizades... ofrecéndolles unha axuda para resolver tarefas como visitas médicas, tramitación de documentos, etc.

 

    1. TEMPO DE LECER

En 2017, aceptando a proposta feita pola Residencia Mixta de Maiores de Caranza, naceu este programa, que permite ampliar o servizo de acompañamento aos maiores ás actividades de ocio. Con este pretendemos paliar o sentimento de soidade e tedio que teñen as persoas maiores institucionalizadas, facilitándolles a participación en actividades ás que, ata agora, por diversos motivos, non podían acceder: compras, paseos, museos, cine, etc.

 

    1. PONTE EN LIÑA

Na actualidade, e debido á situación de alarma e distanciamento físico derivado da situación da Covid-19, as persoas institucionalizadas están a sufrir un illamento maior que outros colectivos. É por iso que, dende Acción Familiar Ferrol estase a realizar un programa dirixido aos anciáns da Residencia de Maiores de Caranza para achegarlles coñecementos sobre as novas tecnoloxías e crebar a barreira tecnolóxica coa que se atopan á hora de comunicarse coas súas familias.

 

    1. REDE CULTURAL – ACTUACIÓN CORAL EIXIL DE CEDEIRA

Dende 2018, solicitase á Deputación da Coruña, mediante Rede Cultural, a contratación da Coral Polifónica Eixil de Cedeira para que actúe na Residencia Mixta de Maiores de Caranza. A Residencia agasalla aos membros da coral e ao persoal voluntario participante nos programas ‘Acompáñame’ e ‘Tempo de Lecer’ a unha chocolatada xunto con todos os anciáns residentes e o persoal do centro.

 

    1. REINVÉNTATE

Este programa tenta dar resposta ás necesidades das mulleres en especial vulnerabilidade, impulsando procesos de inclusión social, mediante a súa participación na sociedade e tomando en consideración as súas demandas específicas. Trátase dun programa integral que pretende dar resposta a cada muller dende unha perspectiva persoal, familiar e comunitaria.

Quen pode colaborar:

Persoas a partir de 16 anos.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Vol. e infancia
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado
Educación e voluntariado