
ASOCIACIÓN DEL CENTRO DE DESARROLLO RURAL O VISO
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
LODOSELO, S/N
32631 - SARREAUS - OURENSE
INFORMACIÓN
O CDR "O Viso" desde o ano 1.990 aposta de forma estable e con continuidade por unha estratexia de desenvolvemento integral. Unha acción que leva a cabo a través dun proxecto integral dirixido á poboación rural máis vulnerable da comarca da Limia (maiores, discapacitados, mulleres, mocidade, infancia...) colectivos excluídos ou con risco de exclusión social, a través de accións globais de carácter social, educativas, informativas, económicas, de formación e emprego para que a nosa comunidade permaneza no seu medio, en mellores condicións e cunha maior calidade de vida. Situámonos na comarca da Limia, mais concretamente en Lodoselo (Sarreaus)
Calquera persoa maior de idade, solidaria e comprometida co medio rural. Poderá participar en tódalas accións que se levan a cabo dende o CDR, tendo en conta asúa formación e dispoñibilidade.