
ASOCIACIÓN MÉDICOS DEL MUNDO
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Rúa Galeras, nº 13 , piso segundo, locais 6-7
15705 - SANTIAGO DE COMPOSTELA - A CORUÑA
INFORMACIÓN
Médicos do Mundo é unha asociación independente que traballa para facer efectivo o dereito á saúde para todas as persoas, especialmente para as poboacións vulnerables, excluídas ou vítimas de catástrofes naturais, fames negras, enfermidades, conflitos armados ou violencia política. Os nosos proxectos realízanse tanto en España como en 19 países de América, África, Oriente Medio e Europa. As persoas voluntarias e profesionais que forman parte da nosa organización teñen como principal misión traballar para lograr cumprimento do dereito fundamental á saúde e o goce dunha vida digna para calquera persoa.
Traballamos en toda Galicia, especialmente en Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña (onde temos oficinas) e arredores. Así que a maioría do noso traballo e actividades van dirixidas a persoas voluntarias que vivan perto destes núcleos urbáns.
Poden colaborar con Médicos do Mundo todas as persoas adultas interesadas na defensa dos Dereitos Humanos, sobre todo o dereito á saúde universal.