FEDERACIÓN DOWN GALICIA

Representante legal: DELMIRO PRIETO GONZÁLEZ
C.I.F: G15665144
Coordinador técnico: SONIA CALDAS NOVÁS

CONTACTO

Enderezo:
RÚA ALEJANDRO NOVO GONZÁLEZ, Nº 1
15706 - SANTIAGO DE COMPOSTELA - A CORUÑA
Teléfono: 981 581 167 Móbil:
Fax:
Email: downgalicia@downgalicia.org
Nº de voluntarios: 2

INFORMACIÓN

Quen somos:

A Federación Down Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, que agrupa ás sete entidades específicas para a síndrome de Down da Comunidade Autónoma de Galicia. A Federación foi creada a principios do ano 1998 coa misión de coordinar, apoiar e impulsar o labor de contribución das entidades membro á mellora da calidade de vida de cada persoa coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e das súas familias, a través da inclusión social e da utilización dos recursos comúns da comunidade, asumindo o establecido na Convención de Nacións Unidas sobre dereitos das persoas con discapacidade.

A quen vai dirixida:

Persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e as súas familias.

Quen pode colaborar:

Toda persoa con dispoñibilidade e interese en apoiar ás persoas con discapacidade, promovendo a súa autonomía, e en cooperar na xestión das entidades.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Adulta
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Vol. e infancia
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado