ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER DE OURENSE, AFAOR

Representante legal: Mª DOLORES NEIRA RODRÍGUEZ
C.I.F: G32198970
Coordinador técnico:

CONTACTO

Enderezo:
RÚA CHANO PIÑEIRO 2
32005 - OURENSE - OURENSE
Teléfono: 988 219 292 Móbil:
Fax:
Email: recuerda@afaor.com
Nº de voluntarios: 12

INFORMACIÓN

Quen somos:

AFAOR constitúese como entidade sen ánimo de lucro no 1995 gracias ao esforzo dun grupo de profesionais e familiares de enfermos de alzheimer que observaron a inexistencia dun recurso específico ao redor desta doenza na provincia de Ourense. Dende entón o numero de afiliados e voluntarios creceu en proporción aos nosos servizos e programas; nembargantes, a incidencia e repercusión deste mal na nosa provincia fai precisa a axuda de todos nós.

A quen vai dirixida:

A nosa principal función é a de defender os dereitos e deberes dos enfermos de alzheimer e dos seus familiares. Por iso, a nosa labor non só se dirixe a este colectivo, senon tamén cara ás institucións e á poboación xeral á hora de informar sobre magnitude e gravidade desta problemática.

Quen pode colaborar:

Aínda que a participación en cada un dos programas que levamos a cabo existe un perfil concreto, calquera persoa pode achegarse ata nós para coñecer máis de preto o noso traballo e informarse das posibilidades de colaboración que podemos ofrecer.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e autonomía persoal
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado