
ASOCIACIÓN DE PADRES DE PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL, ASPAS
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
SANTA TERESA DE JORNET, nº 19 - SAN MARCOS
15890 - SANTIAGO DE COMPOSTELA - A CORUÑA
INFORMACIÓN
A Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual ASPAS é unha entidade sen ánimo de lucro que naceu en 1967 co fin primordial de responder ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias. Na actualidade a súa MISIÓN é conseguir e facilitar os apoios necesarios para á defensa e mellora dos dereitos e a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias. Orientada sempre polos principios de integración social e de normalización (entre outros), a asociación foi ampliando os seus servizos e programas e na actualidade conta con: · Centro Residencial para persoas con necesidade de apoios extensos e xeneralizados. · Centro Ocupacional-residencial. · Centro Especial de Emprego. · Centro de Día. · Servizo ás familias. · Programa de voluntariado para ocio e deportes, · Ect. O espírito de compromiso, dedicación e dinamismo que, dende o seu nacemento, caracteriza a organización, farán posible camiñar xuntos cara a consecución da nosa misión.
Dende os seus inicios o programa de voluntariado para ocio e deportes foi, e sigue sendo, unha peza importantísima no desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade intelectual. Nel xérase un marco integrador tanto para as persoas con discapacidade como para os voluntarios, enriquecendo persoalmente a todos os individuos que participan compartindo as actividades e as experiencias. Dito programa susténtase na inestimable labor do grupo de voluntarios, xente dinámica, xenerosa, aberta e comprometida que colaboran na organización das actividades e desinteresadamente traballa na mellora da sociedade.
Persoas maiores de idade, activas, empáticas, responsables e con inquedanzas por coñecer a realidade social e motivar a súa mellora de forma activa enriquecendo tanto ós demais coma a si mesmos.