ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL OS TILOS
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
R/ AMENEIRO nº 8 (Baixos Parroquiais)
15894 - TEO - A CORUÑA
INFORMACIÓN
Somos unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en 1992. Dende aquela o noso obxectivo é ofrecer o mellor aos nosos socios, nestes momentos contamos cunhas 550 familias asociadas e que poden gozar de todas as actividades que lles ofrecemos: manualidades, tai-chi, pilates, ximnasia, idiomas, aerobic, bailes de salón, bailes latinos,teatro, informática, break-dance, costura, bolillos... Cada día ofertamos novas actividades e proxectos. Anímate a coñecernos!
Para todos os colectivos dispoñemos de actividades específicas, os máis cativos teñen unha aula de xogos onde poden disfrutar dunha programación diaria elaborada exclusivamente pensando neles; os adolescentes contan cun Clube Xuvenil só para eles, onde lles axudamos a facer realidade os seus soños, adultos, maiores... Todos teñen cabida e logo, para gozar todos xuntos celebramos as festas máis coñecidas (Nadal, entroido, Semana Santa, magosto, Día da Muller Traballadora,...)
Todos os que teñan algo que achegar, tempo libre, ganas, ilusións e que queiran colaborar nunha asociación onde non lle pechamos as portas a ninguén. Se tes unha idea, ven a ensinárnola e nós escoitarémoste!