ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI

Representante legal: JOSÉ EMILIO ÁLVAREZ PENA
C.I.F: G36018802
Coordinador técnico:

CONTACTO

Enderezo:
R/ GALICIA, Nº 23
36780 - A GUARDA - PONTEVEDRA
Teléfono: 986-613719 Móbil: 676966222
Fax: 986-609308
Email: eva.bouzas@sanxerome.com
Nº de voluntarios: 30

INFORMACIÓN

Quen somos:

Unha Asociación que o seu fin é o de espertar a conciencia pública sobre a problemática das persoas con discapacidade,tanto na súa vertente social como familiar, desde o seu ingreso na infancia continuando ca sua formación nas tarefas ocupacionais, terapeuticas, pre-laborais, a partir dos 20 anos. Preténdese asçi mesmo favorecer a integración tanto laboral como escolar en centros normalizados, naqueles casos nos que sea posible dita integración con certas garantías. A liña de actuación do centro e tanto a preparación laboral como a aplicacón de programas de axuste persoal e habilidades sociais para persoas con discapacidade intelectual. O Centro enfoca o seu radio de acción na comarca do Baixo-Miño (concellos de A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño e Tui), debido ó elevado número de persoas con discapacidade que residen nesta zona. O obxectivo do Centro é a asistencia e recuperación das persoas con discapacidade mental, que en moitas ocasións tamén presentan discapacidades físicas.

A quen vai dirixida:

O programa está dirixido a toda a poboación da comarca do Baixo-Miño, debido ó alto número de persoas con discapacidade que se atopan nesta zona, ademais de ser este o radio de acción do Centro San Xerome Emiliani, que é desde onde se levarán a cabo as principais accións polo desenvolvemento do dito programa. A finalidade primeira do programa é promover e potenciar a cultura da solidariedade na poboación e concienciar desta forma ás persoas das necesidades sociais e dificultades que se atopan as persoas con discapacidade e as súas familias, xa sexan dentro do domicilio como cara á sociedade. Desta forma preténdese chamar a atención do maior número de persoas posibles e facer así un chamamento ó voluntariado. As propias familias teñen un papel moi importante a desenvolver na concienciación e involucración da sociedade, xa que son elas as que viven o día a día e coñecen mellor ca ninguén a situación provocada e as necesidades sociais detectadas. O paso seguinte a seguir sería o de formar, orientar e apoiar ó voluntariado e ás propias familias das persoas con discapacidade. Dita formación levarase a cabo, mediante cursos, reunións informativas do funcionamento do programa; esta formación terá lugar no propio centro, nos diferentes colexios, asociacións, centros culturais dos concello da comarca. Dita formación levarase a cabo simultaneamente mediante a incorporación das persoas voluntarias ás actividades diarias do centro. Ademais as persoas voluntarias participarán á súa vez en novas actividades socioculturais, deportivas, etc., que se realizarán fóra do horario de atención ós usuarios e familias do Centro. A realización de tódalas actividades estarán en todo momento orientadas, apoiadas e coordinadas polo responsable de dito programa, que á súa vez manterá unha coordinación constante cos responsables do Centro.

Quen pode colaborar:

Todas as persoas que estén interesadas en participar e/ou colaborar ca asociación

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Vol. e infancia
Vol. e cooperación
Vol. ambiental
Vol. cívico
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado