C.E.I.P. FRANCISCO VALES VILLAMARIN

Representante legal: FRANCISCO LOPEZ LOPEZ
C.I.F: Q6555080H
Coordinador técnico:

CONTACTO

Enderezo:
CARREGAL, 4
15300 - BETANZOS - A CORUÑA
Teléfono: 981-770017 Móbil: 981-770017
Fax: 981-776481
Email: ceip.vales.villamarin@edu.xunta.es
Nº de voluntarios: 4

INFORMACIÓN

Quen somos: O CEIP "Francisco Vales Villamarín" é o único centro educativo público do Concello de Betanzos. Está situado na rúa Carregal 4 e escolariza entre 800 e 850 alumnos (a poboación fluctúa e sofre un contínuo incremento no transcurso do curso escolar). Os alumnos do noso colexio pertencen a tres concellos (Betanzos, Coirós e Paderne). O noso trabalo como é evidente vai encamiñado á educación dos nenos/as de entre tres e doce anos, polo que: 1.- Necesitamos dar resposta dunha forma máis axeitada posible ás necesidades educativas dos nosos nenos e nenas a través de recursos materiais. 2.- Precisamos recursos humanos que nos axuden a levar a cabo actividades tan importantes como as lúdicas e de animación teatral. Por este motivo o apoio brindado por este persoal de voluntariado iría encamiñado a: - Actividades lúdicas nos tempos de lecer (disminuirían as situacións conflictivas tan "de moda" na actualidade). - Actividades de animación teatral. - Traballos relacionados coa distribución e organización dos distintos materiais dos que dispoñemos no centro. - Poñer a punto os materiais informáticos.
A quen vai dirixida: A través das actividades lúdicas e de animación teatral poderíamos achegarnos á meirande parte dos nosos alumnos favorecendo deste xeito ós que presentan unha certa deprivación social.
Quen pode colaborar: Mozos e mozas maiores de 18 anos responsables que estean dispostos a participar nesta tarefa tan importante para contribuir á unha sólida formación da personalidade dos nenos e nenas.
Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e infancia