CÁRITAS DIOCESANA DE OURENSE

Representante legal: MARÍA TABARÉS DOMÍNGUEZ
C.I.F: R3200098F
Coordinador técnico: Mª CARMEN ALONSO GONZÁLEZ

CONTACTO

Enderezo:
PRAZA OBISPO CESAREO, S/N
32005 - OURENSE - OURENSE
Teléfono: 988-236819 Móbil:
Fax: 988-236819
Email: voluntariado@caritasourense.org
Nº de voluntarios: 131

INFORMACIÓN

Quen somos:

Cáritas é o organismo oficial da Igrexa para promover, orientar e coordina-la Acción Social da Diócese de Ourense, co fin de axudar á promoción humana e ó desenvolvemento integral das persoas e que actúa en nome da comunidade. É unha ONX sen ánimo de lucro e membro da Confederación Cáritas Española.

A quen vai dirixida:

A acción de Cáritas tradúcese en servicios de animación, participación e transformación da sociedade. É unha acción organizada de lucha comunitaria pola xustiza e de denuncia das causas que xeneran tal inxustiza. Por elo son necesarias a presenza, o acompañamento e a solidariedade de quen saiba situarse ó lado dos colectivos afectados, e o faga dende a propia comunidade que debe implicarse. Eiquí xurde a figura do voluntario para a Acción Social.

Quen pode colaborar:

Toda persoa: - sensibilizada cara ó social. - que se comprometa de forma desinteresada e gratuita a poñe-las súas capacidades e tempo libre ó servicio das necesidades da comunidade. - que saiba acoller ás persoas con respeto a súa liberdade individual e desperte nelas a súa capacidade de axudarse a sí mesmas. - capaz de establecer unha boa relación e traballar en equipo. - asuma tareas adecuadas as súas aptitudes, posibilidades e preparación. - esté disposta a actualiza-la súa formación e a modifica-los seus modelos de acción, cando as circunstancias o requiran. - que coñeza a identidade da súa acción voluntaria e non contribúa á inhibición e falta de responsabilidade doutros axentes sociais. - que a súa acción sexa educativa e promotora do cambio social, descubrindo, afrontando e denunciando disfuncións sociais.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Xuvenil
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado