 
CENTRO CULTURAL, ARTISTICO E RECREATIVO DE VALLADARES
      Representante legal: ANA Mª PÉREZ DAVILA
    
    
      C.I.F: G36617082
    
    
      Coordinador técnico: CARLOS ALONSO PIÑEIRO
    
   - Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
          Enderezo:
ESTRADA XERAL DE VALLADARES, 261 e 233
36315 - VIGO - PONTEVEDRA
        
        ESTRADA XERAL DE VALLADARES, 261 e 233
36315 - VIGO - PONTEVEDRA
          Teléfono: 986 467 053   Móbil: 625620918
        
        
          Fax: 986 467 052
        
        
        
          Email: cvallada@ctv.es
        
        
          Nº de voluntarios: 51
        
        INFORMACIÓN
          Quen somos:
          O Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valladares é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no ano 1971 que desenvolve actividades e presta servicios de carácter comunitario na parroquia viguesa de Valadares, tanto a socios (conta con uns 1.600 asociados de carácter familiar), como ós/ás demais vecinos/as, sexan ou non do lugar. 
O que facemos son, basicamente, tres cousas: 1º.- Velar e demandar que a administración pública cumpra coas obrigas contraídas coa veciñanza da parroquia, en canto a dotación e mantemento de servizos públicos. 2º.- Organizar, programar e difundir todo tipo de actividades socioculturais, estables ou eventuais, dirixidas a poboación en xeral durante todo o ano, isto inclúe actos orientados tanto a nenos/as, como outros destinados a mulleres ou a maiores, etc. 3º.- Soster unha serie de dotacións e servizos, igualmente de carácter sociocultural e comunitario (biblioteca, escola de música e danza, aula multimedia, oficina de información xuvenil, escola de fútbol e patinaxe, servizo de voluntariado europeo, grupo de teatro, coral, gaitas, pandeiretas, percusión, cantadeiras, formación ocupacional e de tempo libre) e dinamizalos.
        
        
          A quen vai dirixida:
          Prioritariamente a tódolos/as vecinos/as da parroquia de Valadares, independentemente do grupo de idade no que se atopan ou o xénero dos mesmos, secundariamente, a poboación en xeral, que teña preocupación polo traballo sociocultural de base e pola promoción e preservación da cultura do País.
        
        
          Quen pode colaborar:
          Calquera persoa que teña interés e ganas de comprometerse nalgún campo de actividade no que actua a nosa organización.
        
        Poboación destinataria segundo segmento de idade
          Infantil
          Xuvenil
          Adulta
          Maior
              Poboación destinataria segundo sexo
          Mulleres
          Homes
              Ámbitos do voluntariado
          Entidades de iniciativa social e voluntariado
              