COMITÉ CIDADAN ANTI-SIDA DE OURENSE

Representante legal: JESUS APOLINAR ALVAREZ MAZARIEGOS
C.I.F: G32169609
Coordinador técnico: Agustín González Ferro

CONTACTO

Enderezo:
Rúa Pena Trevinca, 26 - Soto 2º
32005 - OURENSE - OURENSE
Teléfono: 988 233 000 Móbil:
Fax: 988 233 000
Email: antisidaou@hotmail.com
Nº de voluntarios: 50

INFORMACIÓN

Quen somos:

O Comité Anti-SIDA de Ourense ten como fins específicos: a) A prevención da SIDA, da transmisión da infección polo VIH e das consecuencias que poida ter para os afectados no seu ámbito de actuación. b) A sensibilización cidadán en torno á problemática social xerada pola enfermidade. c) A defensa dos intereses dos afectados pola SIDA no seu ámbito de actuación. d) A promoción de Actividades efectivas e prestación de Servicios para a prevención nos tres niveis: primaria (da infección), secundaria (detección precoz, inicio de tratamentos e minimización de consecuencias) e terciaria (rehabilitación, tanto das consecuencias directas da enfermidade como dos contextos sociofamiliares e económicos que a rodean). e) A colaboración con aquelas entidades e asociacións que persigan os mesmos fins ou traballen con persoas afectadas por unha problemática relacionada. Programas: Programas de Prevención e Educación para a Saúde a) Prevención e educación para a saúde na poboación xeral. b) Prevención e educación para a saúde en centros de menores. c) Intervención en vih/sida, atención personalizada, counselling e grupos de autoapoio. Programas de Atención a Traballadores/as Sexuais e Usuarios/as a) Proxecto de prevención e asesoramento en vih/sida a traballadoras do sexo. b) Proxecto de investigación, prevención e asesoramento en vih/sida a inmigrantes traballadoras do sexo. c) Proxecto de protección (prevención e asesoramento) a clientes da prostitución. Programas de Reducción de Riscos en Usuarios de Drogas por Vía Parenteral a) Proxecto de intercambio de xiringas en usuarios de drogas por vía parenteral. b) Proxecto de educación en uso máis seguro e prevención de sobredose en usuarios de drogas por vía parenteral. Programas de Intervención en VIH/SIDA con Poboación Reclusa a) Proxecto de prevención, asesoramento e apoio emocional en vih/sida con poboación reclusa. b) Proxecto de investigación, prevención e asesoramento sobre vih/sida con poboación reclusa inmigrante Programas de Inserción Socio-Laboral Servicios: Casa de Acollida para Enfermos de VIH/SIDA Centro de Día para Enfermos de VIH/SIDA, Usuarios de Drogas e Profesionais da Prostitución. Unidade Movil de Consumo Hixénico e Intercambio de Xeringas. Empresas Protexidas de Emprego (recolleOleo. Adicada a recollida de aceite usado de uso doméstico) Actividades de Formación: Cursos de Formación dos Propios Profesionais e de Voluntarios-as. Cursos deFormación a Profesionais da Rede Sociosanitaria Comunitaria. Desenvolvemento de Cursos do Plan FIT. Obradoiros de Formación Prelaboral. Plans de Formación Continua. Actividades Xenéricas: Para a recadación de medios económicos. Para a sensibilización social. Para a denuncia de discriminacións ou agresións ós dereitos fundamentais dos afectados. Aquelas que tendo como obxectivo algún dos fins da Asociación, ou obxectivos fixados nos Plans Nacional e Galego sobre a SIDA, non poidan ser integradas funcionalmente nun programa ou servicio.

A quen vai dirixida:

A poboación en xeral e espcialmente as persoas afectadas polo VIH-SIDA e as drogodependencias e colectivos en risco de exclusión

Quen pode colaborar:

Toda persoa maior de idade sensibilizada ca problemática asociada as persoas afectadas polo VIH e as drogodependencias

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Xuvenil
Adulta
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado