 
CONCELLO DE BERGONDO
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
ESTRADA DA CORUÑA, Nº 12
15165 - BERGONDO - A CORUÑA
INFORMACIÓN
Unha das formas de participación na sociedade é a través do voluntariado. Sobre todo daqueles asuntos que vaian a parar en beneficio da erradicación de situacións de discriminación. A participación social é un dereito das persoas e convértese nun recurso das administracións públicas para dar resposta ás necesidades da poboación. Na sociedade actual cada vez máis existe un sentimento de SOLIDARIEDADE por parte da cidadanía que se debe canalizar por parte da xestión política municipal como motor de arranque para a creación de redes de tecido asociativo e dinamización da acción voluntaria dentro do ámbito do local.
O voluntariado social nos servicios sociais: No Concello de Bergondo, o Departamento de Servizos Sociais conta cun proxecto de voluntariado social que comezou a súa andadura no ano 2002. Un dos seus obxectivos é o de potenciar a participación social da veciñanza, a través da creación de espazos para a realización de actividades e intercambio de experiencias, visibilizando e sensibilizando.
Para participar no Proxecto de voluntariado social do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo, é suficiente con que sexas maior de idade. O máis importante é que queiras doar parte do teu tempo libre para colaborar con nós e que sexas unha persoa solidaria e comprometida coa sociedade. (No caso de ser menor de idade podes participar en programas e proxectos de voluntariado adaptados ás túas características, mediante unha autorización expresa dos teus pais, titores etc.)
