
FUNDACIÓN TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL, SÁLVORA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
R/ MARQUÉS DE VALLADARES, Nº 14 - 1º OF. 9
36201 - VIGO - PONTEVEDRA
INFORMACIÓN
Somos unha Fundación sen ánimo de lucro, constituída en Vigo o 27 de decembro de 1990. Na actualidade prestamos apoios a 54 persoas con discapacidade intelectual, coa finalidade de alcanzar o seu desenvolvemento integral e a súa inclusión na sociedade.
En liñas xerais as actuacións da Fundación Sálvora son:
- Servizo de Tutela: Exercicio dos cargos tutelares das Persoas con Discapacidade Intelectual encomendados xudicialmente cumprindo coas obrigas inherentes ó cargo
- Servizo de Información e asesoramento ás familias das persoas con discapacidade intelectual, titores, curadores e outras persoas relacionadas ca súa garda e custodia, así como a entidades de todo tipo que teñan fins similares.
Se queres saber máis da nosa entidade poder seguirnos en redes socias, facebook: Fundación Tutelar Sálvora.https://www.facebook.com/fundacionsalvora
A persoas con discapacidade intelectual que teñan modificada a súa capacidade de obrar e a todas aquelas familias e/ou entidades que precisen de información, orientación ou asesoramento gratuíto.
Calqueira persoa, maior de idade, disposta a compartir momentos do seu tempo de lecer con persoas con discapacidade intelectual.
Dentro da Fundación diferenciase dous figuras voluntarias:
- Colaborador puntual: apoio externo para o desarrollo de actividades ben de carácter puntual ou como reforzo en saídas a comunidade organizadas pola Fundación (saídas de ocio, trámites de salud, diferentes trámites da vida diaria…)
- Voluntario/a tutelar: establecendo un vínculo afectivo, de maneira mais individualizada cunha persoa apoiada pola Fundación.
Grazas o apoio das persoas voluntarias, as persoas con discapacidade poden ampliar o seu círculo de relacións sociais e mellorar a súa calidade de vida e benestar emocional.
Se tes dúbidas e queres ampliar a información ponte en contacto connosco, estaremos encantados de ampliar a información sobre a nosa entidade sen ningún compromiso.