FUNDACION MENIÑOS

Representante legal: MONICA PERMUY LOPEZ
C.I.F: G15551120
Coordinador técnico:

CONTACTO

Enderezo:
AVENIDA DE CÁDIZ, Nº 5 - 2º ESQ.
15008 - A CORUÑA - A CORUÑA
Teléfono: 981269955 Móbil:
Fax: 981256003
Email: meninos@meninos.org
Nº de voluntarios: 55

INFORMACIÓN

Quen somos:

MENIÑOS é unha organización que traballa polos dereitos da infancia en situación de dificultade social, contribuíndo a xerar cambios que propicien un entorno familiar de seguridade e afecto por medio de: - Prestación de servizos de atención á infancia e adolescencia. - Creación e difusión de coñecemento sobre a atención á infancia e a adolescencia. ­- Realización de campañas en defensa e promoción dos dereitos da infancia.

A quen vai dirixida:

- A calquera persoa nas condicións indicadas no punto seguinte. - A calquera organización interesada en promover o voluntariado, mesmo por medio de voluntariado corporativo.

Quen pode colaborar:

Aptitudes: Calquera persoa pode colaborar voluntariamente con MENIÑOS de acordo co procedemento establecido no Plan de Voluntariado, coas seguintes aptitudes: - Experiencia: a requerida para cada proxecto de intervención concreto. - Habilidades: de relación e traballo en equipo. - Dispoñibilidade de tempo requirida no proxecto de intervención concreto. - Condicións psíquicas: equilibrio emocional, madurez psicolóxica. Actitudes: - Identificación cos valores organizacionais. ­- Confidencialidade e discreción.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Adulta
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e cooperación
Vol. ambiental
Vol. cívico
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado