ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS, AFAMON

Representante legal:
C.I.F: G27272483
Coordinador técnico: Manuel Carballedo López

CONTACTO

Enderezo:
RÚA EMILIA CASAS BAAMONDE, LOCAL 9
27400 - MONFORTE DE LEMOS - LUGO
Teléfono: 982 410 929 Móbil:
Fax:
Email: afamonforte@hotmail.com
Nº de voluntarios: 6

INFORMACIÓN

Quen somos:

AFAMON é unha asociación sen ánimo de lucro creada no ano 2001 por un grupo de familiares que tiñan ó seu cargo algunha persoa coa enfermidade de alzheimer ou outro tipo de demencia. A finalidade de AFAMON é traballar en favor das persoas afectadas por algunha demencia e dos seus familiares. Entre os obxectivos que perseguimos están os seguintes: 1. Prestar asistencia psicolóxica e social ós familiares e enfermos con demencias. 2. Proporcionar información e asesoramento aos familiares e coidadores dos enfermos en materia legal, social e de saúde. 3. Promover accións que faciliten a sensibilización social sobre a problemática do alzheimer e as demencias. 4. Elaborar e realizar programas de actividades que respondan ás necesidades dos familiares e dos enfermos.

A quen vai dirixida:

Persoas afectadas por algún tipo de demencia e os seus familiares da comarca de Terra de Lemos e aos concellos limítrofes (Monforte de Lemos, O Saviñao, Pantón, Sober, Pobra de Brollón, Bóveda, Quiroga, Ribas de Sil e O Incio)

Quen pode colaborar:

Calquera persoa que dispoña dun pouco de tempo libre e que desexe comparir experiencias con nós e cos nosos maiores.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado